Cuarto ano no campo de refuxiados: desde Pontevedra a Xordania. Viaxe Solidario Xadrez Pontevedra

A viaxe foi longa, de Pontevedra cara Oporto con posterior parada técnica en Istambul e chegada á capital de Xordania, Ammán, ás 4.45 h. Superados os trámites de documentación, os primeiros nervios chegan á espera de recibir todas as maletas cos 285 quilos de material de xadrez educativo que comprobamos rápidamente que chegan en perfecto estado. Outros 380 quilos con Manuais de xadrez de elaboración propia e traducidos ao árabe, foron enviados os días previos para ser recollidos á nosa chegada. Nas nosas primeiras horas en Xordania recibimos unha agarimosa…

Ver+

Nova convocatoria de axudas das ARIs Centro Histórico e Estribela para a rehabilitación de edificios e vivendas por case 670.000 euros. Pontevedra

Foto: Concello de Pontevedra A Xunta de Goberno local aprobou hoxe as bases ducha nova convocatoria das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs) do Centro Histórico e Estribela. Será a oitava fase no caso de Estribela e a terceira no caso do Centro Histórico e teñen unha contía conxunta de 664.621,45 euros. Unha vez as bases sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) os particulares interesados nestas axudas terán por diante un prazo de tres meses para presentar a solicitudes. Coas axudas…

Ver+

O Concello reunirase coa veciñanza e comerciantes de Echegaray para definir o inicio das obras de reforma da rúa . Pontevedra

O Concello recibiu o proxecto definitivo de reforma e substitución dos servizo da rúa Echegaray e xa está nos servizos técnicos municipais para o seu visado. Trátase dunha obra incluída nos investimentos do novo contrato da auga e que correrá integramente a cargo da empresa concesionaria, Viaqua. A actuación proxectada ten un custe de 696.064,21 euros e un prazo de execución de seis meses. O portavoz do Goberno local e concelleiro do Ciclo da Auga, Raimundo González, anunciou que a próxima semana manterán unha xuntanza coa veciñanza e os comerciantes…

Ver+

O Concello de Bueu da o seu apoio aos veciños de Ons e remite un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Foto: Wikipedia // Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) Félix Juncal, alcalde de Bueu, remitiu este luns un escrito dirixido a Ana Belén Do Campo, Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, na que solicita que se reconsidere a decisión de aplicar as restricións do cupo de visitantes ás familias de Ons e ao seu entorno. Esta petición acordouse na reunión mantida o pasado venres cos illáns e illás, na que o goberno local mostrou todo o apoio ás súas demandas e explicou os pasos dados desde o Concello de…

Ver+