O Concello de Bueu recibe ao Club de Loita do Morrazo

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na tarde deste martes un recibimento oficial con algúns dos rapaces e rapazas do Club de Loita do Morrazo que asistirán ao Campionato de España de Grappling, que se celebra na localidade valenciana de Sagunto entre o 15 e o 17 de febreiro. Así o salientou Fabián Thiebaut, presidente do Club, quen estivo acompañado polo alcalde de Bueu, Félix Juncal, polo concelleiro de deportes, Manuel Otero, pola edil de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, e pola de igualdade, Ana Isabel…

Ver+