‘Soy libre para correr’, unha carreira para fomentar o deporte inclusivo. Ourense

As rúas da cidade acollerán, o vindeiro 10 de marzo, a carreira popular ‘Soy libre para correr”, un evento para fomentar o deporte inclusivo, escapando dos distintos roles de xénero no deporte, e sobre todo para reivindicar confianza e seguridade no uso dos espazos públicos. A carreira, con saída -ás 11:00 horas- e chegada á Praza Maior, está organizada polo club BOX001 – RunManiak co apoio do Concello de Ourense, Nissan Roferourense e Caixabank. “Somos libres para correr e debemos reivindicar precisamente a nosa liberdade, o noso dereito a correr,…

Ver+

Ourense e a Federación Galega de Atletismo analizan a celebración do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta

O  Concello de Ourense e a Federación Galega de Atletismo mantiveron unha primeira toma de contacto con motivo do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de marzo na pista de Expourense, e no que prevé a participación de entre 1.500 e 1.800 persoas. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González, mantiveron un encontro co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o vicepresidente primeiro desta entidade, Eladio Gómez e…

Ver+

XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. Ourense

A cidade de Ourense reunirá este domingo a mellor selección de atletas da comunidade coa disputa do  XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o vicepresidente Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez e o delegado en Ourense,  Ángel Fidalgo, e a interventora de Expourense, Cristina Álvarez, participaron na presentación da proba, que terá lugar na pista cuberta de Expourense, en xornada de mañá e tarde. En xornada…

Ver+