Historia do Club Ourense Baloncesto

Foto:www.clubourensebaloncesto.com/ O Club Ourense Baloncesto é un club de baloncesto español con sede en Ourense, Galicia, . Na tempada 2014/2015 compite na LEB Ouro. O 2 de xuño de 2015 logra o ascenso á liga ACB. O Club Ourense Baloncesto fundouse en 1978 como Club Bosco-Salesianos. Nos primeiros anos o primeiro equipo disputou a Liga de Terceira División. En 1980, o club conseguiu o seu primeiro patrocinador importante (“Aspol”) e pasou a denominarse Bosco Aspol. O equipo ía en crecemento e ao ano seguinte “Fajauto Electromecánica” converteuse no patrocinador do club.…

Ver+

Noelia Cacheiro: Unha ourensá de altura

O 30 de novembro de 1987 nacía Noelia Cacheiro Quintas, en Ourense, criándose na capital da provincia pero tamén crecendo nos pobos dos seus pais, Xunqueira de Ambia e Gueral. Os seus primeiros pasos non os deu no baloncesto, deunos como unha gran maioría dos nenos neste país, en algo que está moito máis estendido e a man: o fútbol. O seu primeiro contacto co baloncesto, ten que ver moito coa súa irmá Laura, que era a que o practicaba nas Carmelitas,  e a pequena Noelia, visitaba aqueles adestramentos. Noelia…

Ver+