Asorey, Cabanelas e San Sebastián

Nos Xardíns do Hospital Provincial de Pontevedra érguese un monumento no que conflúen tres personaxes: Asorey como o escultor que o realizou, Manuel Barreiros Cabanelas como o homenaxeado e San Sebastián que é a figura que se representa no monumento. Francisco Asorey pasa por ser un dos máis grandes escultores que deu Galicia. Coñecido como «o escultor da raza» as súas obras levárono a ser considerado un dos artistas máis sobranceiros na renovación escultórica española do século XX. A súa impronta na cidade do Lérez deixouna en dous magníficos monumentos:…

Ver+