A creación de UTEs, nova sesión formativa de Pontevedra ten un Puntazo

A Casa da Luz acolle o vindeiro sábado 2 de febreiro de 10.00 a 14.00 horas- unha nova sesión de traballo do programa de formación empresarial de Pontevedra ten un Puntazo. Trátase do Obradoiro de creación de UTEs, onde se vai a falar de como presentarse a licitacións públicas en UTEs e como sacarlle partido e facer mais competitiva a rede Puntazo!! Pontevedra ten un Puntazo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade que dirixe Anabel Gulías e ten como destinatarios á industria, empresas e…

Ver+

A innovación e a intercooperación empresarial centran a nova sesión formativa de Pontevedra ten un Puntazo

A Casa da Luz acolle o vindeiro sábado 19 de xaneiro -de 10.00 a 14.00 horas- unha nova sesión de traballo do programa de formación empresarial de Pontevedra ten un Puntazo, centrado por segunda vez nos “Procesos colaborativos (2)” mais nesta ocasión porá o foco nos seguintes aspectos: innovación colaborativa e como desenvolver novo proxectos de intercooperación en clave colaborativa. Pontevedra ten un Puntazo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade que dirixe Anabel Gulías e ten como destinatarios á industria, empresas e actividades creativas…

Ver+

Historia, arquitectura e arte para afondar na Memoria industrial en Galicia . Pontevedra

Visibilizar o patrimonio industrial abandonado, coñecer o que aconteceu no noso país e a pegada dunha actividade colectiva que formou e forma parte da nosa realidade é o triplo obxectivo que hai detrás da exposición fotográfica “Memoria industrial en Galicia” que se pode ver, até o 24 de febreiro, na sala de exposicións do Pazo da Cultura. A mostra de José Chas vai máis alá dunha experiencia estético-artístico e é por iso polo que leva arredor propostas como a charla-coloquio. A exposición leva da man actividades complementarias como a charla-coloquio…

Ver+