O Obradoiro de Poesía Visual dará lugar a unha Mostra na Casa dos Poetas. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu o sábado16 de febreiro a segunda e derradeira xornada do “Obradoiro de poesía visual” impartido polo artista Xosé Poldras. A xornada centrouse no retoque dixital en grupo, de cada obra fotográfica final, para dar unha eventual uniformidade ao traballo e na busca de versos dos escritores de Celanova que se adecúen as metáforas realizadas co material de refugallo. As vinte imaxes resultantes deste obradoiro exporanse nunha mostra que organizará a Casa dos Poetas a partir de marzo.  

Ver+

Imaxes da Presentación do libro “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros”. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros” con intervencións de José Antonio Fidalgo, Javier Gándara Feijoo e Antonio Piñeiro. A nota musical correu a cargo de “Bem leve”.

Ver+