“Eu en ti”; de Celso Emilio Ferreiro por Abe Rabade e Salvador Sobral

Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos,…

Ver+

As Meigas de Cangas e a Inquisición: María Soliña

Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta “bruxería”. Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores. A “caza de bruxas” estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case…

Ver+