Conferencia Ourense: “Construtores de monumentos e paisaxes na prehistoria do sudoeste ourensán”

07 de febreiro ás 20:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Xosé María Eguileta Franco ; Doutor en Arqueoloxía, falará sobre traballos arqueolóxicos feitos desde 1980 nos espazos protexidos da Serra do Xurés-Gerês Presentamos o estado actual do Megalitismo da comarca da Baixa Limia a partir de traballos de investigación realizados a finais da década de 1980 e inicios de 1990: as escavacións realizadas, a distribución dos monumentos polo territorio e as intensas transformacións da paisaxe dende finais do Vº milenio BC. A monumentalidade dos megálitos -dólmenes e túmulos- está ben representada…

Ver+

Coloquio Michael Brand; “O Tratamento da Diversidade na ensinanza da lingua inglesa”. Ourense

11 de febreiro ás 18:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Acción formativa especialmente dirixida ao profesorado de lingua inglesa Todo neno importa: habilidade mixta en primaria Axuda! Hai tanta variedade de habilidades na miña clase! Quero desafiar aos meus estudantes máis fortes sen que os máis débiles queden atrás. Os mestres de primaria saben que todos os nenos son importantes, pero ás veces é difícil atendelos nunha clase heteroxénea. Esta sesión práctica propoñerá estratexias e actividades que fomentan a competencia cívica, fomentan a autoestima e permiten que TODOS os estudantes…

Ver+

Coloquio con Juan Carlos Román sobre coleccionismo. Ourense

07 de febreiro ás  20:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Charla-coloquio sobre coleccionismo, dentro da exposición ARTE PRIVADA EN OURENSE. Juan Carlos Román Redondo é artista, profesor de Belas Artes na Universidade de Vigo e autor do libro “Os 100 problemas da arte contemporánea” publicado polo Centro de Documentación e Estudos Avanzados de Arte Contemporánea ( CENDEAC) ademais de autor de ensaios varios e asesor de arte contemporánea. “A  arte, en tanto que campo de batalla do simbólico, está a ser usado como unha forma  hexemónica de discursos e ideoloxías…

Ver+

Conferencia: “Megálitos na Baixa Limia: construtores de monumentos e paisaxes na prehistoria do suroeste ourensán”. Ateneo de Ourense

Día 7 de febreiro, xoves, ás 20:00 horas – Comentaranos o estado actual do Megalitismo da comarca da Baixa Limia a partir de traballos de investigación realizados a finais da década de 1980 e inicios de 1990: as escavacións realizadas, a distribución dos monumentos polo territorio e as intensas transformacións da paisaxe dende finais do Vº milenio BC. A monumentalidade dos megálitos -dólmenes e túmulos- está ben representada nestas terras que forman parte dos actuais espazos naturais protexidos da Serra do Xurés-Gerês. O Doutor José Mª Eguileta Franco é Xefe…

Ver+