VII Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Pontevedra

Chega unha nova edición das Xornadas sobre o Entroido de Galiza, e xa van sete. Organizadas da man pola Sociedade Antropolóxica Galega e a Concellería de Festas , hoxe en día son o foro de referencia no país en canto a divulgación do entroido galego. As xornadas celebraranse no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) os 15 e 16 de marzo, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Ao igual que nas últimas edicións, o foro ábrese aos entroidos de Portugal e nesta ocasión contarase coa presenza da socióloga…

Ver+

5 anos construíndo a historia das mulleres . Pontevedra

O Concello de Pontevedra organiza un acto co fin de conmemorar os cinco anos de traxectoria do proxecto A memoria das mulleres e presentar a páxina web do programa : www.dogrisaovioleta.gal. Baixo o título 5 anos construíndo a historia das mulleres, o acto terá lugar o sábado 26 de xaneiro, ás 19.00 horas, no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) e contará coa participación do concelleiro de Patrimonio e Memoria Histórica, Luís Bará. Coa constitución do consello asesor arrancaba o 19 de decembro de 2013 A memoria das mulleres,…

Ver+

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA)

É un centro de interpretación dedicado ás Torres Arcebispais de Pontevedra; unha das estruturas defensivas que existiron en Pontevedra e que formaban parte da Muralla de Pontevedra. No ano 2008, no transcurso dunhas escavacións arqueolóxicas previas ás obras na Avenida de Santa María, topáronse cuns muros en bo estado, que formaban parte da historia medieval; chegouse á conclusión que eran parte do foso defensivo datado no s.XII, da antiga fortaleza medieval, e que por desgraza foron derrubadas a finais do s.XIX. Con bo criterio decidiuse facer un museo que se atopa…

Ver+