V Xornadas das Alfombras Florais. Bueu

A pouco máis dun mes para a celebración da festividade do Corpus (este ano será o 23 de xuño), dende a Asociación das Alfombras de Bueu, en colaboración co Concello de Bueu e outras entidades, presentan as V Xornadas das Alfombras Florais, que inclúe exposición fotográfica, diversas conferencias e gala de homenaxe a alfombristas. Así o anunciaron na rolda de prensa deste mércores na que estiveron presentes Xosé Leal, concelleiro e deputado de cultura, e Carmen Santos, presidenta da Asociación. O programa, que se estende ata finais de mes, arranca…

Ver+

O Corpus de Ponteareas

Foto: Wikipedia //Lameiro Declarada Festa de Interese Turístico Internacional desde o ano 2009, sendo a quinta festividade en adquirir tal distinción de carácter honorífico de toda Galicia. É a celebración máis coñecida da vila ,celebrada desde 1857, (Segundo Clodio González Pérez, o primeiro Corpus Christi celebrouse en 1778), así tamén como a de maior valor cultural. A escritora ponteareá Maruja Piñeiro Piñeiro relatou no seu libro “O Corpus de Ponteareas na súa Historia” que no ano 1800 os ponteareáns confeccionaron unha alfombra representando a bandeira de España para venerar o…

Ver+

Aquela «Nao» Que Saía Polo Corpus…

Grabado de Osterberger representando a visita dos Duques Durante moito tempo Pontevedra foi unha cidade de Corpus, xa que esta celebración relixiosa era  unha das máis características e de maior relevancia na cidade. Frei Martín Sarmiento deixou escrito que a súa primeira lembranza foi a dos xigantes que saían nesta procesión; o Pai Amoedo no seu «Carmem Patrium sive Pontevedra» rememora, nostálxico dende o exilio, o festexo na cidade do Lérez. Co tempo, esta celebración foi obxecto de comentario e estudo por escritores e investigadores tales coma Xoán Manuel Pintos,…

Ver+