Ruta Castelo de Soutomaior e O Castelo de Castrizan (“A Peneda”)

Click Aqui ¬Ligazón a Google Maps Partindo de Pontevedra cidade e moi próximo, atópase esta marabilla en perfecto estado: o Castelo de Soutomaior, terras do lendario Pedro Madruga. Igualmente estando na zona non podemos deixar de visitar a capela na Peneda onde antiguamente atopábase o Castelo de Castrizán Castelo de Soutomaior está situado nun lugar verdadeiramente privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí se divisa, a uns 119 metros sobre o nivel do mar, dominando o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata…

Ver+

Illa da Toxa

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)–Wikipedia É a Illa da Toxa quizá a máis coñecida de Galicia polo seu balneario, o seu gran hotel, o seu casino, do mesmo xeito que polos seus xabóns e produtos de beleza. Está situada enfronte do Grove e unida a el por unha ponte de formigón de principios do século XX –de 1914 para ser máis concretos–. Desde que se saiba a illa pertencía ao Arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca, pagando os veciños do Grove por poder pasar a ela e aprovisionarse…

Ver+

Vida e desaparición de Pedro Madruga

Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casa fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de…

Ver+

A Casa dos Fonseca ou Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

A Casa dos Fonseca é unha construción situada no Paseo de Colón en Pontevedra. É un dos edificios históricos máis impactantes da cidade, que salienta pola súa arquitectura neoclásica e por dúas esfinxes de pedra e dúas altas palmeiras canarias que flanquean a súa entrada. Na actualidade é a sede do Arquivo Histórico da Provincia de Pontevedra. O edificio foi construído a finais do século XIX e foi rematado no ano 1910. Foi encargado por Eulogio Fonseca, un dos ricos empresarios de Pontevedra de principios do século XX, ao que a serra ou…

Ver+