As entradas para o concerto de Izal das festas de Ourense xa á venda

A banda Izal, que encheu dous días consecutivos o WiZink Center de Madrid cos concertos de presentación do seu cuarto álbum, Autoterapia, puxo á venda as entradas para o seu concerto en Ourense o luns, 22 de abril, a través da plataforma online Ataquilla.com. As primeiras 500 terán un prezo de 15€. A banda regresa así a Galicia, onde o 23 de febreiro estreara o seu novo espectáciulo no Coliseum da Coruña. Completaron o seu circuíto por Europa con 4 concertos con entradas esgotadas, visitando por primeira vez Suíza (Mascotte en…

Ver+

As bandas Marea e Siniestro Total, primeiras confirmacións no cartel das Festas de Ourense 2019

O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock, que estarán na nosa cidade o xoves 28 e o venres 29 de xuño respectivamente. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar ‘El azogue’, o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O concerto será ás 22:30 horas na Explanada de Expourense, e serán teloneados por Lülu (web oficial). Porén, as entradas poranse…

Ver+