Ruta Padre Sarmiento

Xa sexas un peregrino ou un ávido e curioso turista, pode ser do teu interese a Ruta do Pai Sarmiento, unha variante do Camiño Portugués pola rexión do Salnés, que lembra a última viaxe deste ilustrado, que pasou gran parte da súa vida en Pontevedra. 1ª Etapa o 27 de xaneiro partindo de Pontevedra da Ponte do Burgo +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Un paseo pola Historia de Pontevedra e a súa comarca

Non é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia de montículos, mámoas e petróglifos que poderemos admirar en Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas , Marín, Vilaboa, Poio… Todo iso forma parte do noso patrimonio inmaterial colectivo, en forma de lendas, mitos… en definitiva da nosa cultura. No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador…

Ver+

Frei Martín Sarmiento. Un home adiantado ao seu tempo

Foto: Wikipedia// P. Lameiro / Busto de Martín Sarmiento (escaiola de Felipe de Castro, 1774). Museo de Pontevedra. Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como Frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso e escritor galego. É un dos pais da Filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002. Con catro meses trasládase coa súa familia a Pontevedra, onde pasou a súa infancia e parte da mocidade. O…

Ver+

Aquela «Nao» Que Saía Polo Corpus…

Grabado de Osterberger representando a visita dos Duques Durante moito tempo Pontevedra foi unha cidade de Corpus, xa que esta celebración relixiosa era unha das máis características e de maior relevancia na cidade. Frei Martín Sarmiento deixou escrito que a súa primeira lembranza foi a dos Xigantes que saían nesta procesión; o Pai Amoedo no seu «Carmem Patrium sive Pontevedra» rememora, nostálxico dende o exilio, o festexo na cidade do Lérez. Co tempo, esta celebración foi obxecto de comentario e estudo por escritores e investigadores tales coma Xoán Manuel Pintos,…

Ver+