A Unión Deportiva Orensana

A Unión Deportiva Ourensá foi un equipo de fútbol galego, fundado en 1942 e que desapareceu en 1952 en Ourense. Naceu en 1942 da fusión do Galicia Sport Club Ourense e o Burgas FC da cidade de Ourense. Chegou a xogar en Segunda División tres tempadas, pero en 1952, ao final das mesmas desapareceu a causa de problemas económicos. Na última tempada da súa historia chegou á final da Copa Federación, na que perdeu contra o Real Xaén por 3-1. Despois dese encontro o club declarouse en suspensión de pagos. Como sucesor da Unión Deportiva Ourensá,…

Ver+

A Casa do Celta de Vigo: O Estadio de Balaídos

Situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española. O topónimo do lugar deriva de Abeladíos, facendo referencia a un lugar onde abondan as abeleiras (arbusto) . O estadio é obra do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez e foi inaugurado o 30 de decembro de 1928 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Unión de Irún, no que gañou o Celta por 7-0. Entre 1967 e 1971 o concello levou a cabo…

Ver+

Crónica dun Partido de Lenda: Pontevedra 1- 0 Atlético de Madrid

Os xornais da época fixéronse eco da xesta do Pontevedra C. F. Coa efeméride do 75 aniversario da fundación do club, no coñecido como «Pacto das Palmeiras», queremos recordar un dos partidos de entre os moitos que se poderían escoller na historia do Pontevedra C. F. Corría o ano 1965 e o conxunto granate non destacaba por ter un gran cadro de persoal nin por posuír un orzamento millonario coma outros equipos. Sen embargo, nesa tempada sería capaz de poñerse líder en dúas ocasións; a primeira foi na sexta xornada…

Ver+