XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. Ourense

A cidade de Ourense reunirá este domingo a mellor selección de atletas da comunidade coa disputa do  XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o vicepresidente Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez e o delegado en Ourense,  Ángel Fidalgo, e a interventora de Expourense, Cristina Álvarez, participaron na presentación da proba, que terá lugar na pista cuberta de Expourense, en xornada de mañá e tarde. En xornada…

Ver+

O Concello de Ourense aproba o proxecto para a reforma e adaptación da Canceira Municipal á normativa vixente

O Concello de Ourense aprobou o Proxecto de reforma e adaptación á normativa vixente da Canceira Municipal, unha obra que contará cun orzamento de preto de 220.000 euros, e que vai supoñer unha gran transformación das actuais instalacións co obxectivo de mellorar a atención que reciben os animais acollidos nestas instalacións, así como a súa seguridade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destaca que “se trata dun paso moi importante que confirma o noso firme compromiso por mellorar as condicións nas que se atopan os animais acollidos nestas instalacións”. Así,…

Ver+

O alcalde de Ourense propón a incoación dun expediente de honra a Daniel Vázquez-Gulías

O Concello de Ourense saldará a débeda moral que a cidade tiña con Daniel Vázquez-Gulías e proporá a incoación dun expediente de honra para recoñecer a figura e o legado do arquitecto ourensán (nado en Beariz). Así llo comunicou esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, aos membros da directiva da Fundación Vázquez-Gulías. Asimesmo, a fundación tamén remitirá diversas peticións neste senso remitidas por diferentes colectivos para fundamentar este expediente. Deste xeito, en virtude do artigo 20.1 do Regulamento de Honores do Concello de Ourense, o alcalde propón a…

Ver+

Ourense subscribe un acordo de colaboración para situarse como referente mundial da xeotermia

O Concello e o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital subscribiron esta mañá un acordo de colaboración para situar a Ourense como referente mundial da xeotermia, tal e como puxo de manifesto o ministro Álvaro Nadal trala sinatura. Jesús Vázquez e Álvaro Nadal asinaron este documento, no que a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do ministerio, séntase unha base sen precedentes na cooperación institucional e no posicionamiento de Ourense como cidade cun altísimo potencial enerxético. Para elo, crearase unha comisión de…

Ver+