A Festa dos Maios

Foto©Porgaliciabaixo Outra das grandes festas enraizadas profundamente na poboación ourensá; e tamén no resto de Galicia. Representa o fin do inverno e a benvida á primavera. A súa orixe está necesariamente vinculado á manipulación da natureza por parte do ser humano; neste sentido, ben pode remontarse ao período magdaleniense, momento en que xorden os primeiros rituais asociados coa recolección, ben ao neolítico, coa consolidación da agricultura e o sedentarismo. Pódese dicir que existen dous tipos de Maios, os tradicionais ou “enxebres” que teñen forma cónica ou piramidal, e os que se…

Ver+

Vídeo da elaboración dos Maios e a propia festa dos Maios en Ourense

Neste vídeo recóllese, primeiro, a elaboración dun Maio, neste caso o da ANPA do Instituto Otero Pedrayo de Ourense. Desde aquí agradecemos a súa colaboración. E en segundo lugar recóllese o ambiente e a exposición dos Maios no día de onte na Alameda de Ourense. …Non vos perdades o final do vídeo con “festa rachada” Publicado 2 Maio, 2016

Ver+

Ahí ven o Maio…

Foto: Maios no Concurso de 2012 (Imaxe: Mateo F. C.) A festa dos maios posúe un forte vínculo cos pobos de tradición agraria, onde a natureza e os seus ciclos determinan en boa parte as condicións de vida, os pesares e as celebracións. Desde moi antigo o home prestou atención a cando a natureza rexurde, coa chegada do bo tempo e o estoupar das flores. Así, o ciclo do maio recorda o espertar da natureza, pero tamén alude ao sentimento do amor, aguilloado por estas datas, e á protección de…

Ver+