Ovidio Murguía: O fillo de Rosalía de Castro

Ovidio Martínez de Castro, máis coñecido como Ovidio Murguía, nado en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1900, foi un pintor galego, membro da posteriormente denominada Xeración Doente. Naceu no pazo de Hermida, fillo dos escritores Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro, de quen herdou o seu sentimento artístico. Quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en Santiago de Compostela, na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, da que era profesor o artista…

Ver+