As carreiras do Mundial de Tríatlon cortan parte do centro histórico dous sábados. Pontevedra

Nestes días está distribuíndose información de afeccións ao tráfico motorizado polos lugares do centro urbano nos que decorrerán as distintas carreiras do mundial Multisport que terán lugar a partires do día 27. En concreto, as que afectan a varias rúas do centro histórico, que quedarán inhabilitadas para ir en coche ou moto. Se ben o percorrido das carreiras é distinto no interior do Centro Histórico, as afeccións viarias serán moi semellantes. Só dous días veranse algunhas rúas cortadas: os sábados 27 de abril (mañá e tarde) e 4 de maio…

Ver+

O Mundial de Tríatlon disporá dunha app turística “oficial” cedida ao Concello pola Asociación de Hoteleiros de Pontevedra

As concelleiras de Promoción da Cidade e de Deportes, Anabel Gulías e Anxos Riveiro, reuníronse esta mañá coa Asociación de Hoteleiros de Pontevedra, a petición do colectivo, para falar dunha nova colaboración co Concello co fin de axudar a dar a coñecer a cidade no marco do Mundial de Tríatlon. Puxeron a disposición do Concello, gratuitamente, unha app de información turística propia – Soundwalkrs- que, até agora, era de uso para os seus clientes para que poida ser usada como aplicación “oficial”, como aplicación de referencia, no tríatlon. “O Mundial…

Ver+

Un test universitario permitirá aos triatletas coñecer o seu rendemento antes e despois das competicións . Pontevedra

Os campionatos do mundo de tríatlon de Pontevedra, que se disputarán entre os vindeiros 27 de abril e 4 de maio, ofrecerán aos deportistas a posibilidade de coñecer o seu rendemento neuromuscular antes e despois das súas competicións. Trátase dun estudo impulsado pola facultade de Ciencias do Deporte do Campus de Pontevedra que consiste en realizar un test dous días antes da competición, e comparalo con outro test que se realizará na liña de meta. Os datos, ademais de servir para o estudo comparativo que a universidade realiza a través…

Ver+

Os mundiais de tríatlon contarán coa presenza de 50 voluntarios portugueses . Pontevedra

O Concello de Pontevedra asinou hoxe un convenio de colaboración co Instituto Portugués do Desporto e da Juventude -situado en Porto- para reglar a participación de 50 voluntarios portugueses nos vindeiros mundiais de tríatlon. O convenio foi asinado pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro en nome do Comité organizador do 2019 Pontevedra ITU Multisport Triathlon World Championships. O acto celebrouse na Casa do Desporto, en Porto, e comezou cunha xuntanza política e tamén técnica na que participaron Anxos Riveiro os coordinadores do voluntariado dos campionatos, xunto a Vitor Baltazar Dias,…

Ver+

Os mundiais de tríatlon contarán coa presenza duns 500 voluntarios de 14 países . Pontevedra

O Concello de Pontevedra recibirá arredor de 500 voluntarios deportivos para asistir aos campionatos do mundo de tríatlon que comezarán o vindeiro 27 de abril. Esta mañá o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado dos coordinadores do voluntariado Miguel Balea e Teresa Blanco presentaron a equipación coa que se lles identificará dende inicios dos mundiais. Ademais, a entregaron aos xefes de sector. Os voluntarios asistirán aos cinco sectores deportivos nos que estará dividida a competición: protocolo, apoio á dirección de carreira, loxística e voluntariado, comunicación e prensa, e…

Ver+

Ultimando os dispositivos de mobilidade de cara aos Mundiais de Triatlón. Pontevedra

A 18 días do inicio dos campionatos do mundo de tríatlon, o Concello de Pontevedra intensifica a súa actividade para ter lista a cidade e o concello para o 26 de abril. Hoxe celebrouse unha reunión de coordinación de todos os servizos municipais e empresas implicadas na organización do evento. Tamén se mantivo unha reunión cos usuarios do Mercado de abastos, e deuse a coñecer o plan de tráfico para o reasfaltado da Ponte dos Tirantes, medida necesaria para que se dispute o tríatlon. A reunión celebrada ás 10.00 da…

Ver+

O Concello de Pontevedra reúnese con veciños de Xeve e Verducido con motivo dos Mundiais de Tríatlon

O Concello de Pontevedra segue a manter nestas semanas encontros veciñais para explicar pormenorizadamente os percorridos dos campionatos do mundo de tríatlon que se celebrarán na cidade do 26 de abril a 5 de maio. Onte foi no Teleclub de Santo André de Xeve, e hoxe pola tarde, ás 20.30 horas, será no Local social de Verducido. Aos encontros asisten a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a concelleira delegada do rural, Pilar Comesaña e o portavoz da Policía Local, Manuel Omil, que ademais de explicar os percorridos das probas que…

Ver+

Sete espectáculos para o Mundial de Triatlón en Pontevedra: TriFest

Unha relevante axenda de espectáculos e outras actividades de animación para a veciñanza, os visitantes e os deportistas que acudan ao ITU World Multisport foi presentada pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, quen manifestou que “este programa contribuirá a facer aínda máis atractivo o campionato do mundo ao ofrecer unha ampla variedade musical que combina a produción local, propostas máis vangardistas, folclore e toques internacionais”. As propostas musicais nacen na inauguración -venres 26 de abril- coa participación das gaitas de Os de Algures co grupo de Danza das Rías Baixas,…

Ver+

O comercio do centro histórico ’embaixador’ do Mundiais de Tríatlon. Pontevedra

As reunións co tecido empresarial da cidade para informar do desenvolvemento dos mundiais de tríatlon continúan adiante. Esta mañá foi co Centro Comercial Urbano – Zona Monumental ao que se lle explicou pormenorizadamente a zona cero dos campionatos, situada en pleno centro histórico e no Centro de Tecnificación Deportiva. No encontro informóuselles que se escolleu expresamente o centro histórico para dar visibilidade á cidade e dinamizar todo o ámbito, polo que se solicitou a Zona Monumental que o comercio do casco antigo se converta en embaixador dos mundiais, tendo un…

Ver+

“É un luxo competir na casa e como en todas as carreiras sairei a gañar”. Gómez Noya no Mundial de Triatlón de Pontevedra

Foto: MartinPutz / Wikipedia Javier Gómez Noya estivo presente hoxe no acto de presentación do patrocinio do Banco Santander como Tilte Sponsor do Campionato do Mundo Mutideporte (Mundial de Tríatlon) que se disputará en Pontevedra do 27 de abril ao 5 de maio, en conexión directa dende Nova Zelanda o día do seu 36 aniversario. Dende a oficina do Banco Santander na Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado onde tivo lugar a rolda de prensa, se lle coreou o “cumpreanos feliz” coa presenza do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, a directora da…

Ver+

Pontevedra ampliará o espazo para autocaravanas nos Mundiais de Tríatlon

O Concello de Pontevedra mantivo unha reunión coa Asociación galega de Autocaravanas para abordar a súa participación nos campionatos do mundo de Tríatlon que se celebrarán na cidade do 27 de abril ao 5 de maio. Esta reunión na que estivo presente a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a concelleira de Promoción da Cidade e Turismo, Anabel Gulías e o portavoz da Policía Local, Manuel Omil, serviu para articular a colaboración desta entidade no principal evento deportivo que acollerá Galiza neste 2019 dado que é un medio de transporte moi…

Ver+