Os Museos de Allariz pechan ata febreiro por vacacións e mantemento

A rede museística de Allariz, composta polo Museo do Coiro, Museo da Moda e Museo Galego do Xoguete, pecha durante un mes por vacacións e para  acometer, como é habitual nestas datas, labores de acondicionamento. O peche comezaba o 7 de xaneiro, e rematará o 7 de febreiro cando os museos voltarán a abrir as súas portas co seguinte horario: venres de 17:00h a 19:00h e sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h. Fonte: Concello de Allariz

Ver+

Visitando “A Chave do Reino de Galicia”: Allariz

Foto©Porgaliciabaixo Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o seu nome ao rei suevo Alarico, que repoboou estas terras alá polo século V, sendo en distintas ocasións ao longo da idade media capital do Reino de Galicia e asento da corte de Castela. No seu núcleo estivo asentada a corte literaria que, creada por Afonso X O Sabio,…

Ver+