XXV Campionato de España Open de Inverno Natación Máster. Pontevedra

Pontevedra acollerá do 7 ao 10 de febreiro o XXV Campionato de España Open de Inverno Natación Máster, un novo exemplo de colaboración entre administracións, clubs e entidades que fan da cidade tamén un referente como organizadora de eventos deportivos. O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores presentou o campionato xunto co presidente da Federación Española de Natación- RFEN, Fernando Carpena; os representantes da Xunta, Daniel Benavides; da Deputación Provincial, Chelo Besada; da Federación Galega de Natación, Belén Álvarez e Jesús Telleriz; Amparo Porta, presidenta del Club Galaico, co-organizador local…

Ver+

O Campionato Galego Máster de Inverno de Natación reunirá a 439 nadadores de 26 clubs diferentes. Pontevedra

As piscinas de Pontemuíños acollen esta fin de semana -19 e 20 de xaneiro- o Campionato Galego Máster de Inverno de Natación, unha cita que reunirá na cidade a 439 nadadores: 261 varóns e 178 mulleres. A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou hoxe a cita deportiva xunto co presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño e Amparo Porta, presidenta do Club Natación Galaico. As sesións desenvolveranse na tarde do sábado (de 17.00 a 19.50 horas) e na mañá e tarde do domingo (de 10.00 a 12.50 horas e…

Ver+