Presentación do libro “Coetánea de poesía luso-galaica” . Ribadavia

Sábado 19 de xaneiro, ás 17 horas Na Casa da Cultura de Ribadavia  preséntase o libro “Coetánea de poesía luso-galaica” de Ester Sousa Sá, coa colaboración de poetas portugueses e galegos.

Ver+

Os Libros de Santiago

Foto©Porgaliciabaixo Hai tres libros que nos contan e relatan a historia sobre Santiago de Compostela, historias reais nuns casos, e lendas noutros. Así temos: 1- A historia compostelá, encargada polo bispo Diego Xelmírez, importantísima figura política e eclesiástica galega 2-.”A Lenda Dourada”; escrita por Santiago La Vorágine, arzobispo de Xénova (1228 – 1298). Este libro poderiamos dicir que foi un best seller da Idade Media, e está dedicado, sobre todo, á vida de santos. Sábese que ademais de latín foi traducido ao francés, provenzal, catalán, inglés, alemán, holandés, e iso dános unha idea do seu…

Ver+

Victor Hugo escribindo sobre Galicia

Henrique Harguindey  (residente en Cangas) é filólogo e tradutor de francés e galego. Leva máis  de 40 anos buscando e atopando alusións en textos franceses sobre Galicia. Hai moitas referencias e moi variadas en escritos franceses sobre Galicia, así temos como Alberto de Mónaco (o bisavó do actual monarca do Principado), estudou no século XIX a pesca da sardiña en Galicia, motivado polo esgotamento da mesma en augas francesas, razoando e concluíndo que no caso de Galicia os seus mariñeiros, facían unha explotación máis racional e conservacionista. Jean Charles Davillier,…

Ver+

Respaldo Unánime Do Parlamento De Galicia Para Incorporar O Calixtino Ao Rexistro Da Unesco

(Publicado 18 de marzo, 2016) A Unesco dispón dun rexistro que leva por nome Memoria do Mundo. O propósito desta lista é compilar os arquivos históricos, gravacións e obras documentais de especial interese para a humanidade, como o prego orixinal da Declaración dos Dereitos do Home de 1789, aprobada en Francia tras a toma da Bastilla, ou oTratado de Tordesillas de 1494, mediante o cal España e Portugal se repartiron o mundo. Galicia non está, pero o Parlamento galego avala que se emende a falta, pois onte aprobou por unanimidade unha iniciativa instando á…

Ver+

Prentación 2ª Edición de “Habladme Piedras”

(Publicado 22 de decembro, 2014) Presentación da 2ª Edición do libro “Habladme Piedras” de José Benito García Iglesias, acompañado de Ramiro Espiño e Milagros Bará Viñas na Galería Torrado en Pontevedra.   Vídeo Presentación “Habladme Piedras”

Ver+

O Latín dos Canteiros: “O vervo xido”

Malia a que as súas palabras continúan a ser descoñecidas para a maior parte da sociedade, hai xa ben tempo que se sabe da existencia dunha fala particular que os canteiros, como outras profesións maiormente de carácter itinerante empregaban para se comunicar entre eles sen que o seu contorno soubese o que dicían. Deste xeito, existe tamén ao barallete dos afiadores, ou o latín dos cavaqueiros, entre outras falas con presenza no noso país. Segundo Calros Solla “a lingua dos canteiros debe ter a súa orixe no momento no que…

Ver+

Presentación do libro “Donde la Salmuera. La Mourerira y sus gentes”

Foto: Cuberta Libro Presentación do Libro de José Benito García iglesias “Donde la Salmuera. La Mourerira y sus gentes”, en Vila Pilar en Pontevedra, o día 15 de decembro do 2017. Acompañan ao propio autor da obra, Jose Benito García Iglesias; Ana Maria Vicente Rivas ( xefa do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico dá Deputacion de Pontevedra) e o arquitecto Mauro Lomba Martínez, artífice da restauración e deseño do espazo multidisciplinar Nemonon, situado en Vila Pilar. Vídeo Presentación.  Publicado 18 de decembro, 2017

Ver+