Bueu continúa apostando pola educación como eixe de cambio de cara ao Día das mulleres

A concellaría de igualdade de Bueu, dirixida por Ana Isabel Otero Pastoriza, xa ten lista a programación especial para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, na que ten un papel salientable o alumnado dos centros educativos da vila, tal e como se vén facendo nos últimos anos. De aí que se convocasen dous concursos sobre a temática da igualdade no traballo dirixido aos máis novos e novas, e o próximo xoves ás 11.30 h celebrarase un pleno pola igualdade, no que participarán o alcalde e o alumnado da…

Ver+

Dora “a desbrozadora”, protagonista da campaña gráfica do 8-M. Pontevedra

Unha loitadora e valente Dora “a desbrozadora” e unha fouciña transformada en símbolo feminista son as iconas arredor da que xira a campaña gráfica do 8 de Marzo do Concello de Pontevedra que  foi presentada pola concelleira de Igualdade, Carme Fouces xunto co debuxante Luís Davila, autor do cartaz, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Rosa Campos. Carme Fouces agradeceu a colaboración de Luís Davila a quen definiu como “unha das persoas que ten máis pillado o enfoque feminista desde a perspectiva galega”. “Foi capaz de…

Ver+

Exposición ‘Lembrando momentos’ de Antón Barros. Auditorio de Ourense

O Auditorio de Ourense acollerá, até o vindeiro 25 de marzo, a nova colección de cadros do ourensán (de Punxín) Antón Barros. Lembrando momentos é unha colección traballada entre os anos 2016 e 2017, recuperando escenas naturais que foron creados sobre diferentes temáticas, ben imaxinadas ou que lle chamaron a atención no momento da xestación artística. Á presentación acudiron a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e a responsable de Espazos expositivos do Concello de Ourense, Eva Torres. Lembrando momentos é unha colección de lenzos de medio formato (50×60 na súa maioría) que, como…

Ver+

Exposición “Entroido é todo” de Aurora López. Verín

Foto: Concello de Verín Até o día 8 de marzo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Entroido é todo” de Aurora López. Vintesete obras, asinadas co seu nome de pía ou co de Tirabeke (que utiliza como deseñadora), compoñen esta exposición monográfica sobre o tema Entroido que está aberta de luns a venres das 16:30 ás 20 h. A mostra ofrécenos unha viaxe rápida e sucinta polos distintos aspectos nos que a pintora e deseñadora de Albarellos de Monterrei aplica a súa creatividade sobre a festa máis…

Ver+

Cartel gañador do Entroido 2019 de Ourense

Isabell Seidel (Lübeck/Alemaña 1980) é a autora do cartel que ilustrará as festas do #Entroido2019 de Ourense. A súa obra, elixida por unanimidade do xurado de entre un total de 17 propostas presentadas á Concellería de Cultura, reflicte o espírito e a singularidade do Entroido de Ourense, unha celebración que ten o seu lugar protagonista nas rúas da zona vella da cidade, escenario da imaxe que reproduce o cartel, e fai alusión a dous dos entroidos tradicionais: o Frei Canedo e a Pita das Eiroás. O xurado destacou ademais a…

Ver+

Presentacion do Cartel da 56ª Feira do Viño do Ribeiro. Ribadavia

Foto: Feira do Ribeiro O xurado do Concurso de Carteis da 56ª Feira do Viño do Ribeiro reuniuse hoxe, 21 de febreiro, na sede do Consello Regulador do Ribeiro, en Ribadavia, para elixir o cartel que representará a Feira do Viño do Ribeiro 2019, que terá lugar na vila ribadaviense do 3 ao 5 de maio. O cartel gañador está deseñado por Laura Pastor Lorente, de Madrid, e foi elixido entre 186 propostas presentadas nesta edición do concurso.  Ela é diplomada en Deseño gráfico e é ilustradora de varios contos infantís.…

Ver+

Exposición ‘O paraíso nesta esquina’. Museo Municipal de Ourense

O Museo Municipal inaugurou a súa nova aposta expositiva: ‘O paraíso nesta esquina’, unha colectiva dos artistas Belén Padrón e Xosé Carlos Seoane que ocupará as salas 1 e 2 até o 17 de marzo. Na exposición mestúranse os lenzos de grande formato da artista ovetense, que xa expuxera no Municipal en 2013 -daquela con ‘El Gabinete de un aficionado’-, coas instalacións pictóricas de Seoane. Ambos, unidos pola súa amizade e pola paixón por ocupar espazos con arte, presentan unha particular versión do paraíso cheo de texturas e de elementos…

Ver+

Cartel gañador do Concurso de Carteis de Entroido 2019 de Bueu

O Concello de Bueu xa ten cartel de Entroido, despois de elixir gañador o deseño do moañés Roque Soage Santaclara, “pola súa composición, calidade técnica e impacto visual”, segundo destacou o xurado composto polo deseñador gráfico Juan Barcia Ferrer, a gañadora do pasado ano, Beatriz Sieiro Caramés, e actuando como secretario o funcionario municipal José Francisco Budiño Pereira. O cartel ofrece unha nova visión do personaxe do Paxaro de Mal Agoiro e incorpora elementos icónicos do Concello, como a Cruz de Ermelo ou o faro da Illa de Ons. O…

Ver+

O primeiro amor de Picasso, unha ourensá coruñesa

Nas biografías de Picasso, adóitase falar de todos as súas mulleres, en moitos casos ou case sempre, coincidentes cos seus modelos; unha especie de relación sexo-arte apuntan algúns expertos na obra do xenial pintor. Pero é aquí onde nos detemos, para falar, ao parecer do primeiro gran amor de Pablo Picasso, sendo moi novo. A familia Ruiz Picasso residiu na Coruña desde os 9 aos 13 anos de vida do universal pintor, concretamente na Rúa Payo Gómez 14, actualmente Casa Museo de Picasso.   A estrutura da casa consérvase como cando vivían…

Ver+

Ciclo Recordando a…. “Prego de Oliver”. Liceo de Ourense

O Liceo de Ourense continúa a programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia nesta ocasión a figura do grandísimo pintor Manuel Prego de Oliver, será no Salón Noble da Entidade mañá 31 de xaneiro as 20.00 horas cunha mesa redonda na que participarán: Natalia Figueiras Pimentel, Xabier Limia Gardón, Camilo Franco, e que moderará Delfín Caseiro. O acto abrirase e pecharase con unha intrepretación musical de violín a cargo de Rebeca Troitiña Durán. Este ciclo,  proseguirá no vindeiro mes.

Ver+