Preto de oitenta traballos concorren aos premios Johán Carballeira . Bueu

Tras o peche do prazo para o envío de orixinais, o xurado dos Premios Johán Carballeira do Concello de Bueu terán que decidir os gañadores/as entre os cincuenta e oito presentados na categoría de poesía e os vinte da de xornalismo. Esas son as cifras desta edición que demostran, unha vez máis, que o certame é todo un referente a nivel galego. Así, durante as próximas semanas, o xurado revisará os traballos para que o gañador/a poida facerse cun premio de 1.500 € en ambas categorías, amais da publicación do…

Ver+

O Concello convoca o 35 Premio de Poesía Cidade de Ourense

O certame de poesía en lingua galega ou portuguesa abre ate o 12 de abril o prazo para presentar traballos O Concello de Ourense convoca a edición número 35 do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa. A xunta de goberno local aprobou esta semana as bases e a convocatoria do tradicional certame, dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora. O ano pasado tivo como gañador o poeta allaricense Carlos da Aira,…

Ver+

Obradoiro de Poesía Visual na Casa dos Poetas. Fundación Curros Enríquez. Celanova

A Casa dos Poetas acolle os sábados 9 e 16 de febreiro un “Obradoiro de poesía visual” impartido polo gravador Xosé Poldras. Cunha duración de dúas horas por xornada (16:30-18:30) traballarase a poesía dos escritores de Celanova en tres partes para acadar unha obra utilizando material de refugallo: – Proxeción de imaxes modelo para dar a coñecer a poesía visual a través de diversos autores, e debater sobre e a idea de metáfora aplicada a unha imaxe. – Elaboración de ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos con textos dos poetas…

Ver+

Últimos días para presentarse aos premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo. Bueu

O Concello de Bueu afronta xa a recta final do prazo de presentación dos traballos para os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxa data límite é o 31 deste mes.   As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: ou mediante o envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica e na páxina web do Concello de Bueu.  Estes premios, que naceron como unha homenaxe ao político, poeta…

Ver+

Presentación de Vértice de Versos. Bueu

A Asociación Veciñal da Banda do Río organiza o sábado 26 de xaneiro a presentación do documental “Vértice de versos”, nun acto que terá lugar ás 20.00 h no Centro Social do Mar. Ademais da proxección do filme, o acto contará cun recital poético a cargo de Lucía Novas, Míriam Ferradáns e Baldo Ramos, acompañados da guitarra de Emilio Miranda. Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra

Ver+

O imaxinario do país: exposición e recital poético. Bueu

A Sala Domínguez Búa acolle este venres, 25 de xaneiro, a inauguración da exposición “O imaxinario do país”, unha mostra de retratos e autorretratos literarios de escritores e escritoras organizada pola Asociación Veciñal da Banda do Río e a Deputación de Pontevedra. No acto, previsto para as 20h, tamén terá lugar un recital poético.

Ver+

Presentación do libro “Coetánea de poesía luso-galaica” . Ribadavia

Sábado 19 de xaneiro, ás 17 horas Na Casa da Cultura de Ribadavia  preséntase o libro “Coetánea de poesía luso-galaica” de Ester Sousa Sá, coa colaboración de poetas portugueses e galegos.

Ver+

Manuel María… A forza do idioma

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galego, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, ahistoria, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os…

Ver+

Cando nós eramos os refuxiados: Historia do barco Winnipeg

Foto: Memoria Chilena Durante a Guerra Civil milleiors de españois fuxiron a Francia, non obstante, a maioría dos refuxiados foron encerrados en campos de concentración, separados das súas familias e mantidos baixo pésimas condicións. Para milleiros de republicanos, Francia era a única alternativa. Desde o sábado 28 de xaneiro até o domingo 5 de febreiro, lograran cruzar a fronteira francesa 170.000 mulleres e nenos, 60.000 homes e 10.000 feridos, cifras que irían en aumento até pronto superar o medio millón de persoas. Pero chegar a Francia non era fácil; había…

Ver+

“Galicia, arpa de néboa” por Manuel Rivas

“Si la palabra Galicia tuviera olor, sería una mezcla de hierba, de heno y salitre” Manuel Rivas Manuel Rivas viaxa á Costa da Morte, ademáis de ensinarnos A Coruña, Santiago , San Andrés de Teixido e outros lugares ligados estreitamente á súa obra poética. Destaca tamén a presenza do musico Carlos Núñez quen protagoniza unha emotiva secuencia do programa. Documental Manuel Rivas

Ver+