Sánchez Cantón para o Día de Santiago de 1936

Foto:  Museo de Pontevedra Resulta practicamente descoñecido o feito de que Francisco Javier Sánchez Cantón, quen foi patrono fundador do Museo, ten obra en galego entre o grande volume dos seus traballos sobre os máis diversos temas. No arquivo documental custódiase a documentación que el lle legou no seu testamento. É por iso que conservamos correspondencia, guións de conferencias e mesmo algunha obra de creación literaria en lingua galega. Nesta sección queremos dar a coñecer un artigo que Valentín Paz Andrade lle pedira a Francisco Javier Sánchez Cantón para un número…

Ver+

Aquela «Nao» Que Saía Polo Corpus…

Grabado de Osterberger representando a visita dos Duques Durante moito tempo Pontevedra foi unha cidade de Corpus, xa que esta celebración relixiosa era unha das máis características e de maior relevancia na cidade. Frei Martín Sarmiento deixou escrito que a súa primeira lembranza foi a dos Xigantes que saían nesta procesión; o Pai Amoedo no seu «Carmem Patrium sive Pontevedra» rememora, nostálxico dende o exilio, o festexo na cidade do Lérez. Co tempo, esta celebración foi obxecto de comentario e estudo por escritores e investigadores tales coma Xoán Manuel Pintos,…

Ver+

O San Francisco do Panteón de Sanchez Cantón

No cemiterio de San amaro de Pontevedra atópanse soterrados moitos ilustres personaxes, xunto a outros menos coñecidos, que “conmorren” de forma queda e silenciosa. Un destes afamados persoeiros é Francisco Javier Sánchez Cantón (1891-1971) enorme erudito que chegou, entre outros logros, a dirixir o Museo do Prado en Madrid, aínda que sempre adicou moito da súa obra e do seu tempo a Galicia e, de forma especial a Pontevedra, a súa cidade natal. No panteón de Sánchez Cantón podemos ver unha figura pétrea que representa a San Francisco. A imaxe,…

Ver+