A Semana Santa en Galicia

Aínda que en todas as poboacións de Galicia celébrase a Semana Santa, hai determinadas localidades que destacan polo valor artístico das súas imaxes, e que ademais teñen unha personalidade propia;  son actos  polo xeral,  contidos e de marcado carácter austero. Entre as máis famosas de Galicia podemos destacar:  A Semana Santa de Cangas (Pontevedra) A súa Semana Santa esta considerada de Interese Turístico Galego (2002) grazas ao esforzo das Confrarías da Misericordia (ou Gremio de Mareantes), a Irmandade das Dores, a Asociación do Santo Cristo do Consolo e a Agrupación…

Ver+

A Recuperación do “Auto de la Quinta Angustia”

  Alá pola década dos sesenta do pasado século a Semana Santa de Pontevedra contaba, dentro da súa programación, coa representación por parte dos alumnos dos Institutos do Auto de la Quinta Angustia, obra de Joan de Timoneda. Este autor nacera en Valencia entre 1518 e 1520, ademais da súa faceta de escritor e dramaturgo foi un destacado editor. Ata o ano 1547 foi zurrador de peles, ese mesmo ano monta unha librería, tempo máis tarde ampliaría o negocio a unha editorial. Das súas edicións sobresaen a divulgación das obras de…

Ver+

As Confrarías da Semana Santa de Pontevedra

Foto: Unha antiga imaxe da Procesión do Encontro na Praza do Teucro. A Semana Santa pontevedresa posúe unha antiga historia que se remonta á Baixa Idade Media –temos referencia documental dende 1351–; ao longo do tempo acadou moito protagonismo nas celebracións da nosa cidade e chegou a ser motivo de «célebres» preitos no seo das confrarías e outras moitas anécdotas que converxían coas procesións e os cultos litúrxicos.  Decaería o antigo cerimonial da Semana Santa en Pontevedra cada vez máis, ata o punto de que en 1934 tan só celebrábase…

Ver+