Axenda Cultural para esta semana do Concello de Ourense

Música, teatro e actividades infantís son os eixos sobre os que pivota a oferta cultural do Concello de Ourense para esta semana. As actividades comezan este mesmo xoves con tripla convocatoria: Enclave de Cámara, Festival de Jazz e teatro para adultos. O venres, dobre ración de música (Música do Camiño e Bustamante) e teatro para bebés. E o domingo, día da Romaría do San Lázaro, haberá teatro infantil no Auditorio pola mañá, e actuación de Luis Piedrahita pola tarde. Trío Arriaga – Enclave de Cámara Xoves 4 de abril. 20:00…

Ver+

Actuación do grupo de teatro sénior Afundación “Os vellos namorados”, Teatro Principal Ourense

O Grupo de Teatro Sénior Afundación presenta a obra Os vellos namorados, unha adaptación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, realizada polo director do grupo, Víctor Díaz Barús. Poderás gozar da representación o venres 22 de marzo no Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz, 9) ás 20.00 h. Esta farsa en tres actos e epílogo satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes. Tres amores serodios, tres vellos que namoran de tres mozas e como estas se aproveitan deles nun xogo de comedia. A peza mostra o medo…

Ver+

Ciclo de música Enclave de Cámara; Gerhard Quarte. Ourense

6 de febreiro ás 20:00 horas no Teatro Principal de Ourense “Gerhard Quartet” nace en 2010 influenciado e guiado pola mestría do Cuarteto Casals e desde ben cedo é considerado un dos grupos con máis proxección do país. O nome da formación quere render homenaxe á figura de Robert Gerhard, alumno de Arnold Schoenberg e un dos compositores cataláns máis recoñecidos do século XX. TAQUILLA DO TEATRO:  O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. Dúas horas antes de comezo da función VENTA ON-LINE: https://entradas.ataquilla.com/

Ver+