Homenaxe a Díaz Pardo no Día da Galeguidade Empresarial. Pontevedra

Pontevedra viviu o pasado sábado, 26 de xaneiro, a descuberta dunha escultura en homenaxe ao galeguista, artista e empresario Isaac Díaz Pardo con motivo do Día da Galeguidade empresarial organizado polo Foro Enrique Peinador, co patrocinio do Concello de Pontevedra, que estivo representado na figura do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. A descuberta foi nos xardíns de Enrique Marescot, fronte á facultade de Belas Artes. O monumento leva colocado unha placa na que se pode ler: “Cando os anos me venzan, xa descomposto todo e farto de facer todo o…

Ver+

Historia, arquitectura e arte para afondar na Memoria industrial en Galicia . Pontevedra

Visibilizar o patrimonio industrial abandonado, coñecer o que aconteceu no noso país e a pegada dunha actividade colectiva que formou e forma parte da nosa realidade é o triplo obxectivo que hai detrás da exposición fotográfica “Memoria industrial en Galicia” que se pode ver, até o 24 de febreiro, na sala de exposicións do Pazo da Cultura. A mostra de José Chas vai máis alá dunha experiencia estético-artístico e é por iso polo que leva arredor propostas como a charla-coloquio. A exposición leva da man actividades complementarias como a charla-coloquio…

Ver+