Chega o Entroido a Pontevedra, co Rei Urco e o pregón dos Solfamidas

A recepción do alcalde Miguel Fernández Lores ao rei Urco na praza da Ferrería e o pregón da comparsa Os Sulfamidas marcarán o venres, 1 de marzo, a partir das 21.00 horas o arranque do Entroido-2019. A festa e a retranca ocuparán as prazas e rúas da cidade durante unha semana deixando claro que se hai que pasalo ben, pasarémolo. Xusto antes da chegada da comitiva do rei Urco haberá unha degustación de filloas na praza. O rei Urco chegará acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños…

Ver+

Entroido de Pontevedra. Tamén o programa completo e Bases dos Concursos

Dicir Entroido é dicir Ravachol. En Pontevedra témolo claro: sen o loro a festa “non é a mesma”. Carme da Silva, concelleira de Festas, presentou a programación do entroido-2019, que comezará o venres 1 de marzo coa recepción do alcalde o rei Urco na praza da Ferrería e a lectura do pregón e que rematará oito días máis tarde co velorio e enterro do emblemático loro. No medio citas imprescindibles como o Desfile do Entroido, a incorporación de Ravachol ao entroido, a recreación da botica de Don Perfecto Feijóo, a…

Ver+

Unha Historia de Entroido: Andrés Muruais e o Urco

Foto: Andrés Muruais O Entroido de 1876 supuxo en Pontevedra un fito nas celebracións que se viñan dando ata entón. Foron un grupo de intelectuais da nosa cidade os encargados de incorporar un novo festexo baseado na lenda do Urco. Entre estes estaban: Renato Ulloa, Rogelio Lois, Federico Guisasola, Demetrio Durán ou Prudencio Piñeiro; pero foi o poeta Andrés Muruais (1851-1882) o que acaudillou a iniciativa, aínda que tamén o seu irmán Jesús Muruais (1852-1903) tivo moito que ver na implantación dun novo Entroido, revolucionario e moderno. Os Muruais forman…

Ver+