O Grupo NÓS

Coñécese así ao grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista NÓS, que perviviu ata 1936. O grupo estaba composto entre outros por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Dieguez, Florentino López Cuevillas… Sobre o nome elixido para a revista, hai dúas teorías: Unha delas suscita que o nome foi escollido por Castelao, xa que ademais era o director artístico e o encargado de deseñar as portadas da publicación. A outra teoría que manteñen outros autores, explica que foi Vicente Risco quen optou por ese nome de cabecera,…

Ver+

O Cenáculo Ourensán

Recibe o nome de cenáculo ourensán un grupo de autores que, naturais ou residentes na cidade de Ourense,posteriormente formarán parte (na súa maioría) do denominado grupo Nós. Os seus membros máis destacados foron Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco. O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao galeguismo dos escritores citados. De feito, no caso particular de Vicente Risco, este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista La Centuria, 1917) que “el que quiera ser leído que escriba en castellano”. De todos os xeitos,…

Ver+

Prensa Galega: “La Zarpa”

Foto: Bibliotecas de Galicia La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Antonio Rey Soto. En abril de 1925 o xornal ampliou o seu formato introducindo con frecuencia gravados, fotografías, páxinas especiais e máis publicidade. Ademais ampliou o número de páxinas…

Ver+

Editorial Céltiga

Foto: Wikipedia Céltiga foi unha editorial creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se observaba respecto á poesía. Foi pechada na ditadura de Primo de Rivera en 1923. O equipo directivo estaba formado polo fundador e director Xaime Quintanilla Martínez, o secretario Fiz Álvarez do Castelo, o administrador Manoel Morgado e o xerente Ramón Villar Ponte. Contou como colaboradores cos personaxes máis representativos e máis comprometidos do momento coa defensa do galego como lingua de cultura:Vicente…

Ver+