A Feira do Viño do Ribeiro convoca o concurso de carteis para a súa 56ª Edición

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 56ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 3 ao 5 de maio de 2019. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros. A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovimientoRibeiro, termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de…

Ver+

Premio Poio Móvese 2019

A Concellería de Deportes, dende o Consello Municipal de Deportes, pon en marcha un evento dirixido a premiar o Deporte Local. Para o mesmo terá lugar un acto conmemorativo o 15 de febreiro de 2019 no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. Este acto ten como obxectivo principal recoñecer publicamente o esforzo, a dedicación, a entrega e todos os valores que o Deporte comporta; e para que sirva de espello para incentivar aos máis pequenos e á poboación en xeral na práctica do deporte. Acolléndonos á decisión adoptada polo Consello Municipal de Deportes do…

Ver+

O Concello de Marín incorpora o “Selo Padrón” os trámites telemáticos

Con data 9 de xaneiro publicouse no BOOP o anuncio da creación do “selo padrón de habitantes do Concello de Marín”. Este é un paso máis na modernización dos trámites administrativos do Concello de Marín, que redundan na poboación. A Lei 40/2015, de 1 de octubre de Réxime Xurídico do Sector Público define no seu artigo 41 a actuación administrativa automatizada como calquera acto ou actuación realizada íntegramente a través de medios electrónico por unha Administración Pública no marco dun procedemento administrativo e na que non interveña de forma directa…

Ver+

Ruta Padre Sarmiento

Xa sexas un peregrino ou un ávido e curioso turista, pode ser do teu interese a Ruta do Pai Sarmiento, unha variante do Camiño Portugués pola rexión do Salnés, que lembra a última viaxe deste ilustrado, que pasou gran parte da súa vida en Pontevedra. 1ª Etapa o 27 de xaneiro partindo de Pontevedra da Ponte do Burgo +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Escolas Deportivas de Vela de Combarro

As Escolas Deportivas de Vela en Combarro estarán á disposición dos usuarios de 6 a 17 anos de xaneiro a maio. As túas crianzas aprenderán a navegar e conservar o noso medio natural nunha actividade única. +INFO 986770001 (ext 1214) Ou no correo electrónico deportes.poiomovese@concellopoio.gal  

Ver+

Historia da Festa dos Fachós de Castro Caldelas

foto: wikipedia // loisrua +800.000  A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia , na liña doutros folións con fachas que aínda persisten. Consiste a festa nunha procesión na que se portan centos de fachos arredor do castelo de Castro Caldelas, partindo da igrexa dos Remedios e facendo un percorrido en plena escuridade tralo facho principal (de varios metros de longo), que precede a…

Ver+

Espectáculo de Mentalismo e Hipnosis “Mental”. Auditorio do Carballiño

A compañía Escena Sonora Producción Cultural trae este sábado, 19 de xaneiro, ás 20,30 h., ao auditorio do Carballiño o espectáculo MENTAL. José Rivera e Susana Guisasola penétranse no fascinante mundo do mentalismo e a hipnosis para ofrecer un espectáculo sorprendente. Está recomendado para persoas maiores de 9 anos, e terá unha duración de entre 90 e 120 minutos. As entradas poden adquirirse por internet en Ataquilla. com ou no propio auditorio desde unha hora antes do espectáculo. Fonte: Concello do Carballiño

Ver+

Chega unha nova edición de Noites Abertas… e van vinte. Pontevedra

Arrancará o vindeiro venres 25 de xaneiro e estenderase até o sábado 6 de abril (9 fins de semana) Moito se ten andado e aprendido nestas dúas décadas. Se na primeira edición o programa municipal de lecer xuvenil contou cunha oferta de 13 actividades diferentes, coa colaboración de 9 asociacións e unha empresa e un orzamento de 6.000 euros; hoxe temos por diante un programa de 96 actividades (e 234 sesións diferentes), con 161 monitores/as, 1 director de actividades, 5 persoas de control de instalacións; 2 axentes e un estudante…

Ver+

Bueu celebra este domingo o IV Memorial de Traiñeiras Pepe O Ruso

Tras o éxito das tres primeiras edicións, o Club do Mar de Bueu, coa colaboración do Concello de Bueu, organiza este domingo, 20 de xaneiro, o IV Memorial Pepe o Ruso, unha regata a contrarreloxo na que participarán un total de 27 embarcacións. Así o apuntaron os membros da directiva do club, Rosa María Carballo e Javier Pazos, na rolda de prensa que se celebrou este mediodía no salón de plenos do Concello de Bueu, e na que tamén estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, e o concelleiro de deportes,…

Ver+