O Concello de Ourense aproba o proxecto para a reforma e adaptación da Canceira Municipal á normativa vixente

O Concello de Ourense aprobou o Proxecto de reforma e adaptación á normativa vixente da Canceira Municipal, unha obra que contará cun orzamento de preto de 220.000 euros, e que vai supoñer unha gran transformación das actuais instalacións co obxectivo de mellorar a atención que reciben os animais acollidos nestas instalacións, así como a súa seguridade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destaca que “se trata dun paso moi importante que confirma o noso firme compromiso por mellorar as condicións nas que se atopan os animais acollidos nestas instalacións”. Así,…

Ver+

A 5ª Gladiator Race Pontevedra abre as inscricións . Pontevedra

Nova cita coa historia na cidade de Pontevedra.  O sábado 1 de Xuño (dende as 15.00 horas) terá lugar na Illa das Esculturas  a quinta edición da Gladiator Race. Cando no 2015 nacía este evento, poucos pensaban que se ía converter  nun dos obxectivos da tempada de moitos deportistas galegos. O formato, novidoso na nosa comunidade; a espectacular contorna elexida, a variedade de probas e obstáculos, fai que sexa todo un reto de superación para os participantes:  máis de 2200 en pasadas edicións. Este ano haberá tamén novidades mais manteranse…

Ver+

Trece infografías con mapas para guiar as carreiras do Mundial Multisport 2019. Pontevedra

Un total de 13 infografías con todos os datos precisos para o seguimento e a percepción de cada carreira do Multisport 2019 foron presentadas hoxe pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o autor do traballo, Xan Sabarís. Riveiro agradeceu “o magnífico traballo informativo, dirixido tanto aos deportistas como ao público en xeral” e declarouse orgullosa de que o traballo se fixese “na casa”. Mostrouse moi satisfeita co devalar dos preparativos do Multisport: “Iniciamos moi ben o ano co Campionato de España de Ciclocrós, nun gran ambiente e con moitísima…

Ver+

“Fóra todo o estraño”, arte e relatorios de especialistas para visibilizar e reflexionar sobre a enfermidade mental. Pontevedra

urza exporá a súa obra -unha no Café Moderno dende o 25 de xaneiro até o 8 de febreiro, unha metáfora da anguria O coñecemento, primeiro chanzo para combater o estigma e o risco de exclusión das persoas con patoloxías mentais Profundar no coñecemento da situación da saúde mental, da poboación en xeral e das persoas en risco de exclusión social (sinteitos, persoas con adicción…) e ao tempo poñer en valor o traballo das persoas con enfermidade mental son quen de levar adiante unha vida normalizada. Un dobre obxectivo que…

Ver+

Apoio e colaboración aos afectados polos trazados da A-57 – Pontevedra

O Concello de Pontevedra mantivo esta mañá unha reunión cunha ducia de veciños afectados polo trazado da circunvalación da cidade (A-57) ao seu paso entre A Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve). Foron os concelleiros Demetrio Gómez, coordinador do Rural e Alberto Oubiña, responsable de parte das parroquias afectadas, os que mantiveron este encontro por máis dunha hora, nas dependencias municipais. O Concello ofreceulles toda a colaboración tanto administrativa como técnica, na presentación das alegacións que realizarán ante o Ministerio de Fomento. No encontro, ambos concelleiros recordaron que Pontevedra leva máis…

Ver+

O Concello e Fenosa acordan soterrar o transformador de Barcelos – Pontevedra

O Concello de Pontevedra chegou a un acordo técnico coa empresa Fenosa para soterrar o transformador eléctrico do colexio de Barcelos, fóra do recinto escolar. Logo dunha reunión entre técnicos municipais e da empresa, acordouse que o soterramento se faga próximo á zona actual, pero no exterior do edificio, e o custe será asumido polo Concello. A obra comezará con carácter inminente, unha vez que se concrete por parte de Fenosa o custe deste soterramento. Ademais, simultanearase coa reforma da rúa Rouco que está previsto iniciar, tamén, nas vindeiras semanas,…

Ver+

As obras de sostemento urbano chegan ao barrio de Monte Porreiro – Pontevedra

Foto Wikipedia /Chefprovlieu A brigada municipal trasladouse esta semana ao barrio de Monte Porreiro para realizar labores de sostemento do espazo público, seguindo a planificación de traballo fixada cara finais de ano, que comezou polas rúas máis céntricas da cidade. Os dous equipos (un traballa a pedra e outro a lousa) están reparando todos os itinerarios peonís que teñen algún elemento en mal estado. Trátase dun labor intenso, que se complica polo elevado tránsito de peóns nas rúas que obriga, nalgúns casos, aos traballadores das brigadas a ter que retirar…

Ver+

Visita o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Ateneo de Ourense

2 de febreiro Programa: 11:00 horas: Saída en autocar, da parada de autobuses da Alameda. Maña libre en Santiago. 16:00 horas: Visita guiada ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Tarde libre en Santiago. 20:00 horas: Regreso a Ourense. Inscricións: ata o día 24 de xaneiro ás 12 horas. Número máximo de persoas para a visita ao Pórtico da Gloria: 25 Prezo: 21.-€. (autocar + entregada ao Pórtico). En caso de que non se cubran as 25 prazas con socios, ábrese a inscrición a non socios. Información en secretaria…

Ver+

Plan de Emprego Concello de Bueu

O Concello de Bueu contratará este ano vinte e oito persoas no marco do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2019 da Deputación de Pontevedra.  Concretamente serán quince peóns de limpeza, catro peóns forestais, un oficial de albañilería, un oficial electricista, un oficial condutor, dous oficiais de xardinería e catro auxiliares administrativos As persoas interesadas en ocupar estes postos, deberán estar inscritas no Servizo de Emprego Público de Cangas nas categorías concretas demandadas. No caso dos peóns de limpeza, as súas labores centraranse no mantemento dos numerosos…

Ver+

Exposición da obra fotográfica de Roberto de la Torre dedicada aos “ fogueteiros”. O Carballiño

Tras a celebración do Arenteiro Fotográfico, cuxas exposicións estiveron abertas nos meses de novembro e decembro, a Asociación Ou´ Potiños retoma a programación habitual cunha exposición do fotógrafo Roberto de la Torre sobre os “ fogueteiros”, que se atopa no concello do Carballiño. Esta mostra permanecerá aberta ata mediados de febreiro, cando sexa substituida por outra exposición dedicada ao entroido, e que coincidirá coa programación do Entroido e da Festa da Cachucha.

Ver+