Visita guiada a exposición: “Arte Privada en Ourense”. Ateneo de Ourense

O Ateneo de Ourense ten prevista unha visita guiada pola Licenciada en Historia da Arte dona Tatiana Feijoo. Inscricións: ata o luns, día 11 de febreiro, ás 12 horas. Toda persoa que desexe asistir debe de anotarse no Ateneo de Ourense. Número máximo de persoas para a visita 25. Terán preferencia os socios.  Información en secretaria do Ateneo de Ourense (Progreso 30) Tf: 988372075 Mail: ateneo.deourense@gmail.com Na exposición encontraremos obras dos séculos XVI ao XX entre as que figuran nomes que forman parte da historia da arte universal como Mariano Fortunuy, Ovidio…

Ver+

Melloras no parque Rosalía de Castro. Pontevedra

O Concello de Pontevedra realiza nestes días melloras no parque de Rosalía de Castro, xunto ao Pazo da Cultura, para que estea en boas condicións de uso e goce de cara á primavera e o verán.  Con esta intervención resolveranse problemas de pluviais, faranse novos pasos peonís, eliminaranse accesos rodados pola zona verde, tratarase e recentrarase a estatua de Rosalía de Castro, e reporase a iluminación do paseo peonil fronte á avenida de Compostela, cuxo paseo de xabre mellorarase cando cesen as chuvias. Trátase de facer unha intervención xeral que…

Ver+

Ourense prepárase para o Entroido 2019. Avance Programa

Ourense inicia a conta atrás do Entroido 2019 desvelando os primeiros detalles do programa festivo, que irá desde o 28 de febreiro, xoves de comadres, coa lectura do pregón a cargo do actor Xosé Antonio Touriñán, até o 6 de marzo, co tradicional Enterro da Sardiña. Na presentación, no salón de plenos, estiveron presentes tamén os entroidos da cidade -a Paquita e o Nicanor de Seixalbo, o Frei Canedo da Ponte, e a Pita das Eiroás-, porque “o Entroido faise entre todos e a cidade brilla diferente cando as asociacións…

Ver+

Entroido Barbadás 2019. Ábrese o prazo para anotarse na foliada e no concurso de mecos.

¬VER / DESCARGAR Bases Concurso de Mecos ¬VER / DESCARGAR Ficha de inscrición Concurso de Mecos 2019 ¬VER / DESCARGAR Bases Entroido 2019 ¬VER / DESCARGAR Ficha de inscrición Entroido 2019

Ver+

Cambios de horarios nos Museos Municipais de Allariz

Os museos de Allariz reabren as súas portas este sábado 9 de febreiro logo dun parón para mantemento e mellora. O Museo Galego do Xoguete, o Museo da Moda de Allariz e o Museo do Coiro mudarán o seu horario a partir deste mes de febreiro e abrirán sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h. Na tempada alta, en verán (xullo e agosto) e durante a Semana Santa e as pontes festivas, os horarios amplían os seu horario para atender a maior demanda e abrirán…

Ver+

Anúnciase a esperada licitación das obras do Museo Arqueolóxico. Ourense

Por fin, un dos proxectos máis agardados pola cidade de Ourense comeza a ver a súa consecución, logo da publicación hoxe mesmo, na plataforma de contratación do sector público, do anuncio de licitación e pliego das obras do Museo Arqueolóxico, cun importe total de 12.246.860,33 euros, e un orzamento do proxecto cifrado en 10.121.372,17 euros. Lembra o rexedor ourensán que o desbloqueo deste proxecto foi un dos seus máximos compromisos neste mandato municipal, “algo no que traballamos desde o primeiro intre”, rememorando que foi preciso “apelar e convencer aos diferentes responsables…

Ver+

O Museo Etnográfico Loiro na Memoria (Barbadás)

Foto. turismo de Barbadás Co paso dos anos, a memoria, as tradicións e os costumes dos pobos vanse perdendo. Evitar que se perda este patrimonio e recuperar e manter vivos estes recordos é o obxectivo do Museo Etnográfico de Loiro. Esta iniciativa nace conxuntamente da vontade institucional do Concello de Barbadas e do empeño dos veciños por conservar a memoria deste pobo e con ela trátase tamén de rememorar a vida cotiá do Século XX a través dos obxectos cedidos polos veciños e que a Asociación Cultural “Loiro na Memoria”…

Ver+

Conferencia Ourense: “Construtores de monumentos e paisaxes na prehistoria do sudoeste ourensán”

07 de febreiro ás 20:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Xosé María Eguileta Franco ; Doutor en Arqueoloxía, falará sobre traballos arqueolóxicos feitos desde 1980 nos espazos protexidos da Serra do Xurés-Gerês Presentamos o estado actual do Megalitismo da comarca da Baixa Limia a partir de traballos de investigación realizados a finais da década de 1980 e inicios de 1990: as escavacións realizadas, a distribución dos monumentos polo territorio e as intensas transformacións da paisaxe dende finais do Vº milenio BC. A monumentalidade dos megálitos -dólmenes e túmulos- está ben representada…

Ver+

Coloquio Michael Brand; “O Tratamento da Diversidade na ensinanza da lingua inglesa”. Ourense

11 de febreiro ás 18:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Acción formativa especialmente dirixida ao profesorado de lingua inglesa Todo neno importa: habilidade mixta en primaria Axuda! Hai tanta variedade de habilidades na miña clase! Quero desafiar aos meus estudantes máis fortes sen que os máis débiles queden atrás. Os mestres de primaria saben que todos os nenos son importantes, pero ás veces é difícil atendelos nunha clase heteroxénea. Esta sesión práctica propoñerá estratexias e actividades que fomentan a competencia cívica, fomentan a autoestima e permiten que TODOS os estudantes…

Ver+

Coloquio con Juan Carlos Román sobre coleccionismo. Ourense

07 de febreiro ás  20:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Charla-coloquio sobre coleccionismo, dentro da exposición ARTE PRIVADA EN OURENSE. Juan Carlos Román Redondo é artista, profesor de Belas Artes na Universidade de Vigo e autor do libro “Os 100 problemas da arte contemporánea” publicado polo Centro de Documentación e Estudos Avanzados de Arte Contemporánea ( CENDEAC) ademais de autor de ensaios varios e asesor de arte contemporánea. “A  arte, en tanto que campo de batalla do simbólico, está a ser usado como unha forma  hexemónica de discursos e ideoloxías…

Ver+

XXV Campionato de España Open de Inverno Natación Máster. Pontevedra

Pontevedra acollerá do 7 ao 10 de febreiro o XXV Campionato de España Open de Inverno Natación Máster, un novo exemplo de colaboración entre administracións, clubs e entidades que fan da cidade tamén un referente como organizadora de eventos deportivos. O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores presentou o campionato xunto co presidente da Federación Española de Natación- RFEN, Fernando Carpena; os representantes da Xunta, Daniel Benavides; da Deputación Provincial, Chelo Besada; da Federación Galega de Natación, Belén Álvarez e Jesús Telleriz; Amparo Porta, presidenta del Club Galaico, co-organizador local…

Ver+