Campaña a favor da declaración de Patrimonio da Humanidade para os petróglifos

“As pinturas e gravados prehistóricos da cornisa cantábrica e máis os da zona levantina gozan deste recoñecemento [de Patrimonio da Humanidade]. O conxunto de gravados rupestres ao aire libre galego -con valor e entidade semellantes- atópase sen esa salvagarda”, afirman os promotores do manifesto a prol da declaración do Patrimonio da Humanidade.

Trátase de Buenaventura Aparicio (historiador), Antonio de la Peña (arqueólogo) e Rafael Quintía (antropólogo), quen denuncian que “unha parte considerable dos nosos gravados rupestres corren un grave risco, non só de deterioro, senón de desaparición”.

Os tres expertos responsabilizan á Xunta de Galicia de “nin tan sequera ter elaborado unha carta de riscos, despreocupándose igualmente da divulgación deste patrimonio”. Xa que logo, os expertos solicitan a declaración como Patrimonio da Humanidade como o medio máis eficaz para garantir a supervivencia.

Fonte: Cultura Galega

Comparte!!!

Relacionados