“Celita” o único toureiro galego

Foto: todocoleccion.net

Alfonso Cela Vieito, así se chamaba. Naceu o 11 de xullo de 1885 en Láncara – Lugo,  e morreu o 26 de febreiro de 1932; é único galego da historia en tomar a alternativa.

Naceu nunca familia humilde, e á morte do seu pai emigrou a Madrid, en 1896.

Con once anos de idade vaise a Madrid e traballa nunha carnicería. Pronto empeza a participar en capeas. A súa primeira novillada ten lugar en Segovia e Soria. Debuta en Madrid en 1908 e durante 1909 tourea varias corridas no  vello coso de Tetuán.

A alternativa de “Celita” tivo lugar na antiga Praza de Touros da Coruña o 15 de setembro de 1912, tendo como padriño a Manuel Bienvenida. Alfonso Cela tamén toreou en Barcelona o 12 de xullo do ano 1914 matando el só 6 touros.

Os seus mellores anos foron entre 1914 e 1917. En 1916 confirmou a súa alternativa en Madrid. Ese ano participou en 23 festexos. A súa primeira actuación en México foi o 24 de outubro de 1920, na praza El Toreo.

O 5 de maio de 1921 foi ferido con gravidade nun glúteo toureando en Madrid. A súa derradeira corrida foi o 25 de xuño de 1922, en Madrid.

O seu irmán Claudio Cela, e o seu sobriño Alfonso Cela Martín, tamén tourearon, pero nunca tomaron a alternativa.

Comparte!!!

Relacionados