Como se descobre o Sepulcro de Santiago e empeza a lenda

Foto. Furna de prata onde se cre que repousan os restos de Santiago o Maior, na Catedral de Santiago de Compostela/ WikipediaLe Galicien 

Pasaron os séculos en terras pagás, e o cristianismo quedou relegado e con el, a tumba do apóstolo escondida nos densos bosques que o rodeaban.

Nos tempos do bispo Teodomiro foron vistas luces no bosque. O propio bispo foi a comprobalo persoalmente e no lugar do que parecía manar toda esta luminosidade, achou unha construción que no seu interior tiña unha tumba; inmediatamente comunicóuselle ao Rey Alfonso “O Casto”; que se trasladou a Galicia celebrándoo cheo de gozo e facendo de Compostela sede episcopal; avisando ademais a Carlo Magno e ao Papa León III.

O Papa promulgou unha bula que tivo gran efecto propagandístico sobre o descubrimento de Santiago, sendo o rei francés o primeiro peregrino. Seguramente nunha época de loitas en España entre mouros e cristiáns, o rumor de que aparecese a tumba de Santiago Apóstolo reforzaría a moral dos cristiáns fronte aos musulmáns.

Existe unha lenda curiosa sobre a cabeza de Santiago, que parece ser non foi enterrada co seu corpo (sempre segundo a lenda). Mauricio Burdín bispo de Coimbra, arcebispo de Braga e ata Papa –Gregorio VIII –, localizou a cabeza do apóstolo enterrada con outras reliquias nunha ermida preto de Xerusalén. Xelmirez mantiña unha gran rivalidade co bispo Mauricio, e por tanto existía tamén gran rivalidade entre as dioceses de Braga e Compostela; así que cando Xelmírez decatouse da noticia non parou ata conseguir a cabeza. Xa anteriormente  “requisou-roubou” outras reliquias de Braga, para facer máis forte e prestixiosa a súa diocese.

Foto: Martirio de Santiago /Wikipedia/  Alberto Durero

Debido ás guerras que había en España naqueles momentos produto da morte de Alfonso VI; por seguridade da reliquia Mauricio déixaa depositada en San Zoilo de Carrión, apropiándose dela nunha visita Dona Urraca, amiga de Xelmírez, a quen terminou entregándolla; certificando desta maneira naquela época a autenticidade do sepulcro de Santiago.

Sobre esta teoría hai controversia, porque cando se fala do traslado do corpo de Santiago a Compostela, fálase dun corpo completo con cabeza incluída, como tamén di a lenda do degollamiento onde a súa cabeza quedou sustentada polos seus propios brazos.

No libro de Santiago asegúrase que o corpo enterrado está enteiro; así que a cabeza que trouxo o bispo Mauricio crese que se corresponde co de Santiago “O Menor”, e atópase depositada no interior da catedral nun relicario con forma de cabeza do século XIV.

 

Comparte!!!

Relacionados