O Sartego de Paio Gómez Chariño

O convento de San Francisco é un dos atractivos, artístico e monumental, máis destacados de Pontevedra. Na súa igrexa atopámonos con numerosos recunchos cheos de historia e certo misterio; as capelas amosan labras heráldicas e antigos soterramentos. Unha destas sepulturas, pertencente a Paio Gómez Chariño, goza de certa «fama» entre os pontevedreses, con permiso da de Fray Juán de Navarrete. Pai Gómez de Soutomaior, o «Chariño» sería sobrenome, nace en 1225 sen que teñamos claro onde o fai; sen embargo a opinión dos expertos decántase pola idea de que sería…

Ver+