Prepararse para partir

Foto: Mateo Fontán Couto (El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen) Desde setembro de 2018 un novo número viu a luz dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Trátase dunha moi interesante guía didáctica que leva por título: O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario. Non obstante, o contido do libro supera en moito a promesa do título xa que se trata dun  conciso percorrido polas manifestacións funerarias ao longo do tempo en Galicia. A obra está editada polo Departamento de Educación e…

Ver+

Do Lobo

Lobo ibérico. (Fotografía: www.eldiario.es) (El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen) Durante séculos o lobo posuíu un forte compoñente simbólico nas diferentes poboacións, maiormente de carácter negativo. Por isto, o seu legado etnográfico resulta amplo e fortemente suxestivo: mitos e lendas, medicina tradicional, refráns, cancións e danzas, trampas lobeiras, etc. Para a protección contra o lobo encomendámonos a santos como San Francisco de Asís, San Froilán ou San Brais, entre outros, que obtiveron moita devoción sobre todo durante o medievo. O perigo que o lobo…

Ver+

O Misterio Musical Dos Xardíns De Casto Sampedro

Fotografía de Jose M.Facorro Búa (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Nos xeitosos xardíns dedicados ao insigne erudito don Casto Sampedro e Folgar prodúcese cada día, ao caer a noitiña, un fenómeno curioso, un tanto enigmático e tamén fermoso. Sitos na pouco lembrada praza de Ourense son xardíns en homenaxe ao pai da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, primeiro director do Museo Provincial e, ao cabo, un dos meirandes investigadores do noso pasado. Moi próxima atópase a casa onde tiña o seu despacho, lugar de…

Ver+

O día das Tres Grazas

Imaxe do Nazareno da rúa Tetuán (Imaxe: Xoan Arco da Vella) No caixón das tradicións pontevedresas o día das Tres Grazas ocupa un espazo avalado polo verniz do tempo e a irredutibilidade da fe. Así, cada primeiro venres de marzo poderemos comprobar como, dende cedas horas da mañá, vaise formando unha longa cola para ir visitar ao Nazareno da capeliña da rúa Tetuán. A tradición marca que ese día poderase formular tres peticións diante da venerada imaxe, e polo menos unha poderá cumprirse. En moitas localidades prodúcese este acto que afunde…

Ver+

Un ano sen Fran Cortegoso

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da pólvora) As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu poesía e con trinta e un anos morrería, moi cedo. Foi un cinco de outubro de 2016, data no que o seu libro de poemas titulado Suicidas chegaba ás librerías, cando este mozo deixaba unha obra intensa e breve como o ronsel da…

Ver+

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca debería estar pelexado co coidado das identidades intrínsecas que definen a un determinado territorio, coma unha urbe. Cómpre coidar a memoria que conforman os barrios e diversos lugares, pois deles manan –xunto a estrita condición natural e xeográfica– o máis sintetizado do carácter dunha poboación. Conta a lenda que no…

Ver+

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Foto: Sala dos miliarios no Museo de Pontevedra. Imaxe: Faro de Vigo / G. Santos Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia entre as mansios ou as capitais dos conventus e o nome do emperador que mandouno erguer ou ben reparar. Tamén existen miliarios conmemorativos do emperador de quenda. No Museo Provincial de Pontevedra custódiase unha moi interesante colección de miliarios…

Ver+

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Un lugar preto da cidade// Foto: fotografaspioneiras Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes natural e paisaxístico dos que podemos desfrutar. Unha marisma de terreo comunal encadrada nas parroquias de Lérez e Campañó, coñecida baixo o nome de Xunqueira da Gándara do Alba, do Vao ou de San Caetano. Dita marisma a podemos dividir en: marisma alta, marisma…

Ver+

A Praza da Leña – Pontevedra

Imaxe: Praza da Leña 1900  Cando un pensa nunha imaxe característica da cidade de Pontevedra, un rosario de postais acoden prestas ao maxín. A “Boa Vila” ofrece unha multitude de lugares impregnados de  personalidade, dunha delicada beleza e cun sabor entre pedra e ría. Entre estes recunchos de vida que definen á urbe do Lérez, ocupa un lugar destacado a Praza da Leña. Xorde aparentemente como un recolecto espazo, mais agocha o transito de xeracións e conserva a memoria dunha cidade enteira. Acolle os enredos infantís á vez que ofrecese…

Ver+

O Valle Inclán Pontevedrés

Escultura de Valle-Inclán en Pontevedra (Imaxe: Mateo Fontán Couto) A escultura de Valle-Inclán sita na Praza de Méndez Núñez goza de moita atracción entre os visitantes da nosa cidade. É común atoparse a alguén fotografándose con ela; do mesmo xeito, a estatua posúe sona entre os pontevedreses e, as veces, engalánase para as festas ou «vístese» con motivo artístico, publicitario ou reivindicativo. Lamentablemente, o monumento a este xenio das letras tamén foi vítima de agresións en varias ocasións, pois e sabido que de todo hai na viña do Señor. A…

Ver+

Tres Curiosidades Na Fachada De Santa María

Foto: San Xerome. Imaxe: http://megaconstrucciones.net/ Sobre a fermosura da Basílica de Santa María de Pontevedra tense escrito moito –aínda que diría que nunca dabondo– e máis en concreto acerca da impresionante fachada principal, verdadeiro retablo pétreo de sabor renacentista e formas similares ao Hospital Real de Santiago, primeiro edificio deste estilo realizado en Galicia. Moitos foron os autores e intelectuais que louvaron o belido desta obra encargada polo poderoso Gremio de Mareantes aos artistas Cornellis de Holanda e Joan Noble, –Begoña Fernández fala dunha terceira man na execución, a dun «Mestre…

Ver+