Carta del alcalde de Pontevedra al Presidente de la Xunta de Galicia

(El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen)

Estimado Presidente:

Nesta nova andaina do Goberno municipal, sería bo para Pontevedra manter un encontro entre ambas institucións para atender os asuntos en marcha e os pendentes, así como outros que deberan impulsar ambas administracións na cidade.

Tal e como comentamos este luns, na inauguración da rehabilitación do edificio da Xunta de Benito Corbal, sería bo que falásemos con calma de proxectos de tal trascendencia para Pontevedra e a súa comarca como o Gran Montecelo, a variante de Alba ou da estación intermodal. Concretar outros como o pavillón da Parda, a construción dunha nova residencia da terceira idade, o dragado da ría, o proxecto de mellora da EDAR dos Praceres ou o transporte público.

Entre as novas demandas para a cidade está a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para completar a senda urbana do rio Gafos até o nó do Marco, por detrás da actual estación de autobuses ou a recuperación para uso público dos terreos da Xunta na Xunqueira de Alba.

Esta relación de asuntos está aberta a calquera outro tema que se queira por sobre a mesa, co obxecto de que redunde en interese dos veciños e veciñas de Pontevedra. Pola miña banda, concretarase nun dossier que che enviarei nos vindeiros días.

Agardo que poidamos fixar unha data nos próximos días para o noso primeiro encontro deste novo mandato no que fixamos como primeiro acordo manter encontros con todas as administracións que promoven ou proxectan actuacións no noso concello.

A espera de novas túas, recibe un afectuoso saúdo.

Pontevedra, 19 de xuño de 2019

Comparte!!!

Relacionados