Operativo de tráfico del martes, 30 de abril. Mundial Triatlón. Pontevedra

Martes 30 de abril . Tríatlon Cross

Áfectará:

  • Á zona do río na fase de natación.
  • A carreira a pé será pola avenida Bos Aires, entre ponte dos Tirantes e ponte das Palabras
  • A proba de bicicleta afectará especialmente ás parroquias de Lérez e Verducido. O paso da Illa do Cobo cara ao Pontillón de Castro obriga ao corte da estrada PO-223 á altura do cruzamento no lugar do Outeiro (Lérez).
  • O corte da PO-223, entre as 12:30 e 19:30 obrigará aos veciños e usuarios da vía (A Piolla, Couso, Gatomorto, Verducido, Outeiriño, Santa María de Xeve e San Andrés de Xeve) a utilizar, como entrada e saída, a estrada dirección Bora (PO-224).
  • A PO-224, entre Bora e a N-550 pasando polo Pontillón de Castro, estará aberta ao tráfico ata as 14:30 horas. Pecharase de 14.30 a 19.30 horas.
  • Os veciños de Castelo, A Piolla, Casal Novo, Arco en Lérez, terán acceso libre cara a cidade.

O resto da cidade vivirá con total normalidade a xornada no que ao tráfico se refire, tanto no tránsito como nos estacionamentos. Todo, agás na avenida de Bos Aires, entre a Ponte dos Tirantes e a Ponte das Palabras (o acceso a Monte Porreiro) que permanecerá pechado; as PO-223 e PO-224.

Esta mesma situación tamén se sucederá o mércores e o venres.

Dende a Policía Local mantense o servizo de información (986 833080).

Comparte!!!

Relacionados