Cesantes, Trasmañó e Ventosela

Fotografía: Mateo Fontan Couto (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, que tantas iniciativas saca cara adiante, tivo a ben a posta en marcha dunha serie de publicacións dedicadas ás parroquias do municipio. As tres primeiras xa están pola segunda edición, son as que falan de Cesantes, Trasmañó e Ventosela na pluma de tres bos coñecedores destas paraxes. Para a parroquia de Cesantes contouse coa autoría de Lola Míguez, integrante do Seminario de Estudos Redondeláns, a cal mediante…

Ver+

Arredor do Patrimonio Industrial Galego

Fotografía de Jose Chas (2016) tomada de https://memoriaindustrialengalicia.wordpress.com/galeria/#jp-carousel-21 (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Con motivo da inauguración, o pasado día 10, da exposición fotográfica “Memoria Industrial en Galicia” no Pazo da Cultura de Pontevedra, e máis dun coloquio a propósito do proxecto que tivo lugar na Casa da Luz o día 17 deste mes, traio a esta sección un feixe de impresións e lembranzas do que nestes sitios puiden ver e escoitar. No coloquio ofrecido como complemento á mostra falou en primeiro lugar…

Ver+

Libro sobre Cruceiros de Combarro

Foto: Mateo Fontán Couto (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Presentouse o pasado mes de decembro no Casal de Ferreirós de Poio unha nova monografía sobre cruceiros, esta vez ocupándose dos do Conxunto Histórico Artístico de Combarro. O libro foi editado polo Concello de Poio coa autoría de Andrés Dacosta Paz. Trátase doutra ollada sobre o rico patrimonio cultural de Combarro, complementando anteriores publicacións, máis ou menos recentes, coma a Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro escrita por Rafael Vallejo e publicada pola…

Ver+

O Misterio Musical Dos Xardíns De Casto Sampedro

Fotografía de Jose M.Facorro Búa (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Nos xeitosos xardíns dedicados ao insigne erudito don Casto Sampedro e Folgar prodúcese cada día, ao caer a noitiña, un fenómeno curioso, un tanto enigmático e tamén fermoso. Sitos na pouco lembrada praza de Ourense son xardíns en homenaxe ao pai da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, primeiro director do Museo Provincial e, ao cabo, un dos meirandes investigadores do noso pasado. Moi próxima atópase a casa onde tiña o seu despacho, lugar de…

Ver+

O día das Tres Grazas

Imaxe do Nazareno da rúa Tetuán (Imaxe: Xoan Arco da Vella) No caixón das tradicións pontevedresas o día das Tres Grazas ocupa un espazo avalado polo verniz do tempo e a irredutibilidade da fe. Así, cada primeiro venres de marzo poderemos comprobar como, dende cedas horas da mañá, vaise formando unha longa cola para ir visitar ao Nazareno da capeliña da rúa Tetuán. A tradición marca que ese día poderase formular tres peticións diante da venerada imaxe, e polo menos unha poderá cumprirse. En moitas localidades prodúcese este acto que afunde…

Ver+

Un ano sen Fran Cortegoso

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da pólvora) As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu poesía e con trinta e un anos morrería, moi cedo. Foi un cinco de outubro de 2016, data no que o seu libro de poemas titulado Suicidas chegaba ás librerías, cando este mozo deixaba unha obra intensa e breve como o ronsel da…

Ver+

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca debería estar pelexado co coidado das identidades intrínsecas que definen a un determinado territorio, coma unha urbe. Cómpre coidar a memoria que conforman os barrios e diversos lugares, pois deles manan –xunto a estrita condición natural e xeográfica– o máis sintetizado do carácter dunha poboación. Conta a lenda que no…

Ver+

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Foto: Sala dos miliarios no Museo de Pontevedra. Imaxe: Faro de Vigo / G. Santos Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia entre as mansios ou as capitais dos conventus e o nome do emperador que mandouno erguer ou ben reparar. Tamén existen miliarios conmemorativos do emperador de quenda. No Museo Provincial de Pontevedra custódiase unha moi interesante colección de miliarios…

Ver+

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Un lugar preto da cidade// Foto: fotografaspioneiras Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes natural e paisaxístico dos que podemos desfrutar. Unha marisma de terreo comunal encadrada nas parroquias de Lérez e Campañó, coñecida baixo o nome de Xunqueira da Gándara do Alba, do Vao ou de San Caetano. Dita marisma a podemos dividir en: marisma alta, marisma…

Ver+

A Praza da Leña – Pontevedra

Imaxe: Praza da Leña 1900  Cando un pensa nunha imaxe característica da cidade de Pontevedra, un rosario de postais acoden prestas ao maxín. A “Boa Vila” ofrece unha multitude de lugares impregnados de  personalidade, dunha delicada beleza e cun sabor entre pedra e ría. Entre estes recunchos de vida que definen á urbe do Lérez, ocupa un lugar destacado a Praza da Leña. Xorde aparentemente como un recolecto espazo, mais agocha o transito de xeracións e conserva a memoria dunha cidade enteira. Acolle os enredos infantís á vez que ofrecese…

Ver+

O Valle Inclán Pontevedrés

Escultura de Valle-Inclán en Pontevedra (Imaxe: Mateo Fontán Couto) A escultura de Valle-Inclán sita na Praza de Méndez Núñez goza de moita atracción entre os visitantes da nosa cidade. É común atoparse a alguén fotografándose con ela; do mesmo xeito, a estatua posúe sona entre os pontevedreses e, as veces, engalanase para as festas ou «se viste» con motivo artístico, publicitario ou reivindicativo. Lamentablemente, o monumento a este xenio das letras tamén foi vítima de agresións en varias ocasións, pois e sabido que de todo hai na viña do Señor.…

Ver+