O Bosque de Libradón. Primeiros Tempos. (Traslado de Santiago Apóstolo)

Santiago segundo a tradición foi trasladado por Atanasio e Teodoro desde Palestina a Iría Flavia, bordeando o Mediterráneo e posteriormente o Océano Atlántico.

Así é como chegan a Padrón, negocian coa Raíña Lupa e seguen cos bois ata o bosque de Libradón; que era como primitivamente chamábase Compostela.

Sobre este termo existen varias discusións, a máis popular é que se refire e “campo de estrelas”, outra di que vén de “ Compositum Tellus” que pode significar “ Terra composta e fermosa” ou de “ compositum” enterrado, podendo significar nesta segunda acepción “cemiterio”.

Volvendo a Santiago; o apóstolo foi enterrado neste bosque, sobre él levantouse un pequeno mausoleo con espazo para outro dous sepulcros; suponse que os de Atanasio e Teodoro.

Crese que o lugar estaba preto dun castro, dunha necrópole e dun cruzamento de camiños de calzadas romanas; todo isto nun gran bosque frondoso, o que facía que fose un lugar místico cheo de lendas e temido polos habitantes da Galicia de entón.

Será séculos despois cando o lugar sexa descuberto por un tal Paio, confirmado así polo bispo Teodomiro.

Sobre a cripta orixinal construíuse unha igrexa, e aos poucos, a cidade de Compostela ao redor, sendo a poboación máis importante de Galicia durante séculos, e converténdose ademais en Cidade Santa e foco espiritual de occidente;sobre todo, a partir do do ano 1119 no que o Papa Calixto II proclamou e quedou instituido o Ano Santo Compostelán ou Xubileu, que comportaba indulxencias para os peregrinos.

Comparte!!!

Relacionados