Pontevedra, primeira cidade en crear unha instrución para instalar os pasos sobreelevados

Pensada para os servizos municipais e tamén para todos os particulares encargados da urbanización de novos espazos da cidade.

O Concello xa dispoñía dun informe da oficina de Enxeñería do ano 2010; anos de experiencia acumulada e avances nos estudos teóricos a través da Guía da Deputación Provincial sobre os espazos públicos e os traballos de apoio á elaboración da ordenanza de mobilidade no propio Concello.

A instrución bebe do documento de “Apoio na elaboración da ordenanza reguladora para a utilización dos espazos públicos e mobilidade amábel no Concello de Pontevedra”, elaborado polo enxeñeiro Fernando Nebot para a administración local. Precisamente, este documento é o que agora se lle dá forma e se eleva a instrución municipal, logo de ser aprobado pola Xunta de Goberno. Un documento que non se puido realizar até o de agora pola carga de traballo dos departamentos técnicos e que se resolveu coa contratación do estudo de Fernando Nebot que aborda este tema no anexo “Informe sobre as condicións técnicas e de implantación de pasos de peóns sobreelevados nas rúas do casco urbano”.

Nesta instrución óptase polos elementos redutores de cambio de rasante que nunca se instalarán de forma illada e que terán características como elevar o nivel da beirarrúa, cubrir todo o ancho da calzada, atención aos autobuses con plataforma baixa, ramplas nunca superiores ao 10% de media, pasos sinalizados e correctamente iluminados; non instalalos de forma illada tendo optando con espazos duns 35 metros de media; non se usarán dispositivos prefabricados; e deberán ter drenaxes para non acumular a auga.

Comparte!!!

Relacionados