Espectáculo de Mentalismo e Hipnosis “Mental”. Auditorio do Carballiño

A compañía Escena Sonora Producción Cultural trae este sábado, 19 de xaneiro, ás 20,30 h., ao auditorio do Carballiño o espectáculo MENTAL. José Rivera e Susana Guisasola penétranse no fascinante mundo do mentalismo e a hipnosis para ofrecer un espectáculo sorprendente. Está recomendado para persoas maiores de 9 anos, e terá unha duración de entre 90 e 120 minutos. As entradas poden adquirirse por internet en Ataquilla. com ou no propio auditorio desde unha hora antes do espectáculo. Fonte: Concello do Carballiño

Ver+

Ourense achega aos cativos a lingua de signos

Os centros cívicos do Concello acollerán un ciclo de conta contos en lingua de signos. Esta é unha iniciativa que desenvolven conxuntamente a Asociación de persoas xordas, APSOU, e o Concello de Ourense. Serán de 18 a 19 horas o día 21 de xaneiro no Centro Cívico Colón, o 23 na Ponte, o 28 nas Termas e o 30 na Cuña. A actividade persigue que nenos e nenas teñan a súa primeira toma de contacto coa lingua de signos mediante unha proposta dinámica, lúdica e visual, como é a  realización dun conta contos nesta lingua. Correrá…

Ver+

Festa dos Fachós 2019. Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do S. Sebastián, comeza arredor das 19:00h, entre o “lusco e fusco” coa caída do sol e prolóngase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia. +Info Concello de Castro Caldelas

Ver+

Presentación do libro ‘Estado Crítico 3. 11 curador*s 11 artistas’. Fundación Vicente Risco

Sábado 19 de xaneiro, ás 12:00h na Fundación Vicente Risco en Allariz Presentación do libro ‘Estado Crítico 3. 11 curador*s 11 artistas’, da colección ‘alterarte’, que servirá, asemade, como inauguración da exposición dalgunhas obras dos 11 artistas participantes no libro, e que poderá visitarse no horario habitual de apertura, sábados e domingos de 12h a 14h. Curador*s e artistas participantes no libro: Yolanda Barriocanal + Ramón Conde Lola Dopico + Malania Freire Alberto Ruíz de Samaniego + Eduardo Outeiro Almudena Fernández Fariña + Paz de la Calzada Juan Luis Moraza…

Ver+

Allariz acolle a Terceira Edición do Allariz Debuxado

Os días 25 e 26 de xaneiro, Allariz acollerá a terceira edición do Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”, organizado pola editorial alaricana Aira en colaboración co Concello de Allariz. Ilustradores profesionais e tamén afeccionados reuniranse en Allariz para celebrar estas xornadas  das que deron conta esta mañá o organizador César Lourenzo e o tenente de alcalde, Bernardo Varela. Allariz Debuxado é, segundo explica o seu organizador, “un proxecto que axuda a fortalecer a imaxe de Allariz como vila de letras que mostra respecto polo patrimonio e a cultura”. Esta…

Ver+

A Casa dos Poetas acolle unha mostra cos traballos do taller de ilustración impartido por katharina Ojea. Celanova

Ata finais do mes de xaneiro a Casa dos Poetas acolle unha mostra cos traballos realizados no Taller de Ilustración 2.0 impartido por Katharina Ojea no mes de agosto. Os traballos dos participantes, con idades comprendidas entre os 11 e 17 anos,  poderanse ver de martes a venres de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 na rúa Curros Enríquez número 37 de Celanova. Trátase duns trinta traballos que dan mostra das xornada dedicadas ó traballo sobre a figura humana, realización de retratos, traballo de figuras animais, caricaturización e…

Ver+

XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. Ourense

A cidade de Ourense reunirá este domingo a mellor selección de atletas da comunidade coa disputa do  XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o vicepresidente Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez e o delegado en Ourense,  Ángel Fidalgo, e a interventora de Expourense, Cristina Álvarez, participaron na presentación da proba, que terá lugar na pista cuberta de Expourense, en xornada de mañá e tarde. En xornada…

Ver+

Visita o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Ateneo de Ourense

2 de febreiro Programa: 11:00 horas: Saída en autocar, da parada de autobuses da Alameda. Maña libre en Santiago. 16:00 horas: Visita guiada ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Tarde libre en Santiago. 20:00 horas: Regreso a Ourense. Inscricións: ata o día 24 de xaneiro ás 12 horas. Número máximo de persoas para a visita ao Pórtico da Gloria: 25 Prezo: 21.-€. (autocar + entregada ao Pórtico). En caso de que non se cubran as 25 prazas con socios, ábrese a inscrición a non socios. Información en secretaria…

Ver+

Exposición da obra fotográfica de Roberto de la Torre dedicada aos “ fogueteiros”. O Carballiño

Tras a celebración do Arenteiro Fotográfico, cuxas exposicións estiveron abertas nos meses de novembro e decembro, a Asociación Ou´ Potiños retoma a programación habitual cunha exposición do fotógrafo Roberto de la Torre sobre os “ fogueteiros”, que se atopa no concello do Carballiño. Esta mostra permanecerá aberta ata mediados de febreiro, cando sexa substituida por outra exposición dedicada ao entroido, e que coincidirá coa programación do Entroido e da Festa da Cachucha.

Ver+