Dez equipos participan na Liga de petanca 2019 do Concello de Pontevedra

A petanca ábrese paso no deporte pontevedrés. Hoxe a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou xunto con Raimundo Argibay, portavoz do colectivo de xogadores -máis do 200 no municipio- e unha representación de deportistas a Liga de Petanca 2019 do Concello de Pontevedra. A competición arranca o vindeiro sábado 16 de marzo, no campo das Palmeiras, e estenderase até o 29 de xuño. Dez equipos participan na competición: O Mirador de Monte Porreiro Amigos de Campolongo Santo André de Xeve Centro Social de Pontevedra O Pote de Mourente O Carballo…

Ver+

A cidade en imaxes. A xogar!. Concurso fotográfico. Pontevedra

I edición do concurso de fotografía A cidade en imaxes. A xogar! A temática xira arredor de como as nenas e os nenos viven o espazo público de Pontevedra, co obxectivo de recoller testemuñas da calidade de vida e a autonomía da cativada na nosa cidade. Poderá participar no certame toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada á fotografía. A imaxe gañadora será premiada con 800€. O prazo de recepción de propostas abriuse hoxe 14 de marzo, ao mediodía e pechará o día 22 de…

Ver+

VII Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Pontevedra

Chega unha nova edición das Xornadas sobre o Entroido de Galiza, e xa van sete. Organizadas da man pola Sociedade Antropolóxica Galega e a Concellería de Festas , hoxe en día son o foro de referencia no país en canto a divulgación do entroido galego. As xornadas celebraranse no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) os 15 e 16 de marzo, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Ao igual que nas últimas edicións, o foro ábrese aos entroidos de Portugal e nesta ocasión contarase coa presenza da socióloga…

Ver+

O Comando da igualdade visita aos alumnos de Bueu

O Comando Igualdade dirixido pola filósofa Chis Oliveira visitou este xoves o IES Johán Carballeira de Bueu para reflexionar e conversar sobre temas que afectan á mocidade desde unha perspectiva de xénero nunha actividade organizada polo Centro de Información ás Mulleres municipal. Este grupo, que naceu do alumnado do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo, está conformado por dezanove rapazas e rapaces de diversas idades, identidades, orientacións sexuais e traxectorias vitais, e visita outras aulas para falar de estereotipos, machismo, sexualidade ou diversidade. As sesións desenvolvéronse no salón de actos do…

Ver+

Un equipo do IES Valle Inclán retírase da primeira fase de zona do Club de Debate. Pontevedra

Cadro dos novos emparellamentos A retirada dun dos equipos do IES Valle Inclán deixa en seis o número de participantes que disputarán a primera fase de zona do Club de Debate e obrigou a facer un novo sorteo de emparellamentos. A fase de zona de Pontevedra do Club de Debate terá lugar o 13 de marzo no Pazo da Cultura. 

Ver+

Bases Certame de Relatos Matilde Bares. Bueu

O Concello de Bueu abre o prazo para participar no X Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que se estende ata o 30 de decembro. O extracto das bases publicouse este martes no Boletín Oficial da Provincial, polo que a partir de mañá xa se poderán presentar relatos en lingua galega que traten  temas relacionados co fomento da igualdade entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais ou a violencia de xénero. Segundo establecen as bases, os orixinais poderán presentarse por dúas vías: ou ben no…

Ver+

Festas de San Xosé Campolongo. Programa. Pontevedra

A praza da Constitución será escenario, do 16 a0 19 de marzo, das festas e San Xosé, das festas de Campolongo. Música, obradoiros, xogos infantís, citas lúdico-deportivas e gastronomía son os eixos dunhas festas que se desenvolverán de 12.00 a 24.00 horas “co fin de conciliar a diversión e o descanso da veciñanza”. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou as festas de Campolongo acompañado por Isaac Freire, Alberto Rodríguez, Sonia Pazos e Antonio Gómez. Todos eles lembraron a Fernando Viéitez, impulsor e defensor desta festa de barrio, a única…

Ver+

Pontevedra acolle o Parlamento de Escritoras-es que reflexionará sobre Identidade e dereitos civís

‣ Mesas redondas, grupos de traballo e un recital literario  artellarán a actividade, promovida pola AELG e o Concello ‣ Terá lugar os días 15 e 16 de marzo en tres escenarios: Pazo  de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal ‣ O recital que porá o ramo ao Parlamento será o sábado, ás  19.30 horas e nel estarán, entre outros: Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Caccamo, Tamara Andrés, Antonio García Teijeiro e Eli Rios Dúas xornadas, tres escenarios -Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal- , un formato novidoso e…

Ver+

Dous novos cursos de informática de Memoria en rede no Centro Sur e no Teleclub de Santo André de Xeve. Pontevedra

‣ Comezan o 13 de marzo mais quedan prazas e as persoas  interesados poden inscribirse no 3a andar do Concello ou no teléfono 986.804300 Ext. 7107 até mañá ‣ Teñen unha duración de 8 semanas e van dirixidos a persoas que queren aprender a usar o ordenador O Teleclub de Santo André de Xeve e o Centro Sur acollen a partir do vindeiro mércores 13 de marzo dous novos cursos “Aprende a usar o ordenador” do programa municipal Memoria en rede. Aínda quedan prazas polo que as persoas interesadas en participar…

Ver+