Correlingua: Mañá participarán 1.500 escolares de Pontevedra e comarca. Pontevedra

1.500 escolares de 18 centros de ensino de Pontevedra e comarca participan mañá xoves 16 de maio na Boa Vila na final do Correlingua-2019. Será a última das doce etapas nas que se dividiu este ano. Os 1.500 alumnos e alumnas, con idades que van dos 3 aos 17 anos, son dos seguintes centros: CEIP Manuel Vidal Portela, CEE Pontevedra, CEIP Praza de Barcelos, CPR Sagrado Corazón de Placeres, CPI de Pontecesures, CPI Julia Becerra Malvar, IES de Ponte Caldelas, CPI do Toural, CEIP A Xunqueira 2, IES Frei Martín…

Ver+

Campa Verán 2019. Poio

Aberto o prazo de inscrición para o Campa Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, na que ofrecemos unha alternativa de ocio aos/ás máis cativos/as durante as vacacións estivais, ademais de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. O horario amplíase respecto ao ano anterior, pasando a ser de 7:30 a 15:00 horas. As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro do…

Ver+

I Encontro de Familias do Salnés. Sanxenxo (Programa)

Mañá comeza o prazo de inscrición no  I Encontro de Familias do Salnés que se presentou o pasado mércores no Grupo de Traballo sobre Calidade Educativa. Información importante: A inscrición deberá facerse a través do enlace indicado no cartel. Si para algunha persoa isto supón un problema poderá facela presencialmente no Pazo Emilia Pardo Bazán.   Prazo de inscrición comeza o mércores, 15 ás 9,00 h e remata o luns, 27 de maio.   Para facilitar a asistencia ás mesas redondas haberá servizo de ludoteca.   Os talleres da tarde…

Ver+

Xornadas de portas abertas no CITA. Día Internacional dos Museos. Pontevedra

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, CITA, celebra co gallo do Día dos Museos -18 de maio- con tres xornadas de portas abertas. O acceso nestes días será gratuíto e regularase en función do aforo limitado da instalación. As xornadas de portas abertas terán o seguinte horario: Venres 17 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 Sábado 18 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 Domingo 19 de maio, de 10.00 a 14.00 horas Ademais o propio Día Internacional…

Ver+

Libros, música, teatro, deporte e reivindicación a prol da lingua. 17 M Pontevedra

Pontevedra celebrará cun amplo e variado programa de actividades o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antonio Fraguas. Libros, música, teatro, contacontos, xadrez e tamén reivindicación teñen cabida na programación. Propostas para o Día das Letras Galegas: Os libros saen a rúa De 12.00 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas nos Soportais da Ferrería Dez librarías visibilizan e promocionan os libros galegos e en galego. Sinatura de autores: Arantza Portabales, Ledicia Costas (mañá), Pedro Feijoo e Iria Collazo (tarde) Organiza: Concellería…

Ver+

O programa RE-viradas e a creación dun banco de tempo avanzan ao abeiro da Redeira. Pontevedra

Está en marcha o programa RE-viradas no que dez mulleres foron seleccionadas para darlle unha volta ao seu potencial persoal ou profesional e que lles gustaría facelo acompañadas. Serán 12 horas repartidas en 6 sesións nas que se traballarán obxectivos de diferente natureza. Por outra banda dende o pasado día 8 e até o vindeiro 16 de maio, A Redeira recibe a trinta personas de Estonia, Grecia, Eslovenia e Portugal no proxecto europeo We are time bankers de Ticket2europe. Neste caso A Redeira ademais de facilitar a loxística do proxecto…

Ver+

Bueu recibe ao alumnado de Erasmus+de intercambio co IES Johán Carballeira

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este martes, 14 de maio, un acto de recibimento ao alumnado de cinco países que participa no proxecto “Migración e crise de refuxiados” no marco de Erasmus + co IES Johán Carballeira. O obxectivo deste programa, que engloba a catorce rapaces e rapazas, é analizar a crise dos refuxiados e ver a inmigración desde un ámbito global. Acompañados de sete profesores, o alumnado do Liceum Ogolnoksztalcace de Sroda Wielkpolska (Polonia), do Licei Statali Francesco Angeloni de Terni (Italia), do Solski Center…

Ver+

I Festa Gastronómica do Choco da Ría. Campelo (Poio)

17 e 18 de Maio, na Praza da Granxa de Campelo (Poio) Apertura da Carpa o venres 17, como pregoeiro Pepo Suevos, disfruta do mellor Choco da Ría en empanada de millo e trigo, Choco con arroz na súa tinta e Choco Guisado… + INFO CLICK AQUÍ  

Ver+

IV Edición de Enxebre Swing Festival. Bueu (programa)

O festival ofrecerá actividades dirixidas a bailaríns de lindy hop (lindy hoppers), pero tamén actividades dirixidas a tódolos públicos. Ademáis de persoas das Rías Baixas, o festival acollerá asistentes de toda Galicia, Cantabria, Girona, Madrid, Zamora, Portugal e ata de Inglaterra e Holanda. O festival arrica o xoves 16 de maio ás 18.30h cunha clase aberta de lindy hop no Paseo da Banda do Río de Bueu, impartida por Elena Branco e Jorge Patiño de Swing On School. Ese mesmo día, os asistentes poderán seguir bailando no mesmo lugar despois…

Ver+