Concello e CSIC comparten un obxectivo: darlle visibilidade á Misión Biolóxica. Pontevedra

O alcalde Miguel Fernández Lores recibiu esta mañá ao novo delegado do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas), Antonio de Ron Pedreira. Na que foi a súa presentación oficial estivo acompañado por Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica de Galicia, centro radicado en Salcedo e que no ano 2021 cumprirá 100 anos de vida adicado á investigación e as ciencias agrarias. Lores e De Ron concordaron no obxectivo de “visibilizar máis a existencia da Misión Biolóxica na cidade”, un organismo non suficientemente coñecido, aínda sendo un centro investigador público, pioneiro…

Ver+

O Mundial de Tríatlon disporá dunha app turística “oficial” cedida ao Concello pola Asociación de Hoteleiros de Pontevedra

As concelleiras de Promoción da Cidade e de Deportes, Anabel Gulías e Anxos Riveiro, reuníronse esta mañá coa Asociación de Hoteleiros de Pontevedra, a petición do colectivo, para falar dunha nova colaboración co Concello co fin de axudar a dar a coñecer a cidade no marco do Mundial de Tríatlon. Puxeron a disposición do Concello, gratuitamente, unha app de información turística propia – Soundwalkrs- que, até agora, era de uso para os seus clientes para que poida ser usada como aplicación “oficial”, como aplicación de referencia, no tríatlon. “O Mundial…

Ver+

Carta do alcalde de Pontevedra á alcaldesa de París

Foto: Wikipedia Anne Hidalgo Madam Le Maire Hôtel de Ville París Pontevedra, 17 de abril de 2019 Querida alcaldesa, Como desde cualquier lugar de este planeta, quiero hacerte llegar desde Pontevedra nuestra más sincera solidaridad con el pueblo de París tras el incendio que sufrió vuestro símbolo arquitectónico más preciado. Ciertamente, también compartimos la satisfacción por que la estructura medieval del edificio siga en pie como demostración de la sabiduría y el buen hacer de maestros y obreros de hace 800 años. Eso, unido a la pericia de los bomberos…

Ver+

Cuarto ano no campo de refuxiados: desde Pontevedra a Xordania. Viaxe Solidario Xadrez Pontevedra

A viaxe foi longa, de Pontevedra cara Oporto con posterior parada técnica en Istambul e chegada á capital de Xordania, Ammán, ás 4.45 h. Superados os trámites de documentación, os primeiros nervios chegan á espera de recibir todas as maletas cos 285 quilos de material de xadrez educativo que comprobamos rápidamente que chegan en perfecto estado. Outros 380 quilos con Manuais de xadrez de elaboración propia e traducidos ao árabe, foron enviados os días previos para ser recollidos á nosa chegada. Nas nosas primeiras horas en Xordania recibimos unha agarimosa…

Ver+

Nova convocatoria de axudas das ARIs Centro Histórico e Estribela para a rehabilitación de edificios e vivendas por case 670.000 euros. Pontevedra

Foto: Concello de Pontevedra A Xunta de Goberno local aprobou hoxe as bases ducha nova convocatoria das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs) do Centro Histórico e Estribela. Será a oitava fase no caso de Estribela e a terceira no caso do Centro Histórico e teñen unha contía conxunta de 664.621,45 euros. Unha vez as bases sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) os particulares interesados nestas axudas terán por diante un prazo de tres meses para presentar a solicitudes. Coas axudas…

Ver+

O Concello reunirase coa veciñanza e comerciantes de Echegaray para definir o inicio das obras de reforma da rúa . Pontevedra

O Concello recibiu o proxecto definitivo de reforma e substitución dos servizo da rúa Echegaray e xa está nos servizos técnicos municipais para o seu visado. Trátase dunha obra incluída nos investimentos do novo contrato da auga e que correrá integramente a cargo da empresa concesionaria, Viaqua. A actuación proxectada ten un custe de 696.064,21 euros e un prazo de execución de seis meses. O portavoz do Goberno local e concelleiro do Ciclo da Auga, Raimundo González, anunciou que a próxima semana manterán unha xuntanza coa veciñanza e os comerciantes…

Ver+

O Concello de Bueu da o seu apoio aos veciños de Ons e remite un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Foto: Wikipedia // Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) Félix Juncal, alcalde de Bueu, remitiu este luns un escrito dirixido a Ana Belén Do Campo, Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, na que solicita que se reconsidere a decisión de aplicar as restricións do cupo de visitantes ás familias de Ons e ao seu entorno. Esta petición acordouse na reunión mantida o pasado venres cos illáns e illás, na que o goberno local mostrou todo o apoio ás súas demandas e explicou os pasos dados desde o Concello de…

Ver+

Semana Santa 2019. Visitas ao Museo de Pontevedra

Durante esta Semana Santa o Gabinete Didáctico vai realizar un programa de visitas guiadas pola colección do Museo para aquelas persoas que desexen facer unha primeira aproximación ás obras máis representativas expostas nos edificios Sexto e Sarmiento. Ademais de percorrer algúns dos fitos da arte galega, a visita incluirá a pequena mostra dedicada a El Greco que de forma temporal se expón no Museo, tendo como protagonista o cadro Retrato dun médico, depositado polo Museo del Prado. Do domingo 14 ao domingo 21 de abril (luns pechado) De martes a sábado: 12 h e 18…

Ver+

Unha obra de teatro musicalizada para escolares: ‘Merenda con pan de millo’. Museo de Pontevedra

Co gaio da celebración do Ano da Música pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da semana das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra, dentro do Proxecto Telecultura, quere achegar aos escolares de 3 a 6 anos o patrimonio inmaterial de música e lingua a través da obra de teatro musicalizada Merenda con pan de millo. Terá lugar o martes 14 de maio, ás 11:30, cos centros escolares que desexen inscribirse. Merenda con pan de millo é un espectáculo baseado no libro-disco Pan de millo. Nel combínanse cancións e narración…

Ver+