Ruta Padre Sarmiento

Xa sexas un peregrino ou un ávido e curioso turista, pode ser do teu interese a Ruta do Pai Sarmiento, unha variante do Camiño Portugués pola rexión do Salnés, que lembra a última viaxe deste ilustrado, que pasou gran parte da súa vida en Pontevedra. 1ª Etapa o 27 de xaneiro partindo de Pontevedra da Ponte do Burgo +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Escolas Deportivas de Vela de Combarro

As Escolas Deportivas de Vela en Combarro estarán á disposición dos usuarios de 6 a 17 anos de xaneiro a maio. As túas crianzas aprenderán a navegar e conservar o noso medio natural nunha actividade única. +INFO 986770001 (ext 1214) Ou no correo electrónico deportes.poiomovese@concellopoio.gal  

Ver+

O Concello iniciará o vindeiro mes a campaña de compostaxe individual no rural pontevedrés

O Concello de Pontevedra iniciará a finais de mes ou primeiros de febreiro o despregue dos 8.000 composteiros individuais no rural pontevedrés. Comezará polas parroquias de Salcedo, Tomeza e Campañó, onde xa se tiñan realizado experiencias piloto, algunhas que datan de hai dez anos e outras máis recentes de fai cinco anos. Así o anunciou esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores no transcurso da sinatura dun convenio coa Deputación provincial e a Federación Rural Galega, encargada de achegar o persoal necesario para o funcionamento desta campaña no rural…

Ver+

Apoio e colaboración aos afectados polos trazados da A-57 – Pontevedra

O Concello de Pontevedra mantivo esta mañá unha reunión cunha ducia de veciños afectados polo trazado da circunvalación da cidade (A-57) ao seu paso entre A Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve). Foron os concelleiros Demetrio Gómez, coordinador do Rural e Alberto Oubiña, responsable de parte das parroquias afectadas, os que mantiveron este encontro por máis dunha hora, nas dependencias municipais. O Concello ofreceulles toda a colaboración tanto administrativa como técnica, na presentación das alegacións que realizarán ante o Ministerio de Fomento. No encontro, ambos concelleiros recordaron que Pontevedra leva máis…

Ver+

Visitando “A Chave do Reino de Galicia”: Allariz

Foto©Porgaliciabaixo Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o seu nome ao rei suevo Alarico, que repoboou estas terras alá polo século V, sendo en distintas ocasións ao longo da idade media capital do Reino de Galicia e asento da corte de Castela. No seu núcleo estivo asentada a corte literaria que, creada por Afonso X O Sabio,…

Ver+

Termas da Chavasqueira – Ourense Cidade

¬VER MAPA EN GRANDE CLICK AQUÍ Estas termas poderíase dicir que se atopan en la cidade, si queremos visitalas podes ir en coche, pero tamén paseando o no tren turístico que sae de la Praza Maior de Ourense. Por unha banda temos un recinto privado á beira do Río Miño, non obstante o prezo para acceder non é elevado, son prezos populares. Contas é as súas instalacións con diferentes piscinas ou pozas termais, e un circuíto tamén termal. Dispón nos seus interior vestiarios, duchas termais e cafetaría con terraza. Doutra…

Ver+

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla; Ruta da Traslatio

Dezaoito concellos das dúas marxes da ría de Arousa e municipios da beira do Ulla, organizan cada ano unha peregrinación que rememora a translación do corpo do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, localidade dende a que, segundo a tradición, foi conducido a Compostela. O remonte realízase tódolos anos durante o mes de agosto, e a saída realízase dende un dos municipios costeiros da ría de Arousa. Concellos e outras institucións poñen a disposición das persoas interesadas en participar varias embarcacións, nas que o público en xeral e…

Ver+

Ruta Termal Ourense Cidade

Foto©Porgaliciabaixo Ourense é auga, auga polos seus ríos, e auga polos seus manantiais termais. As dúas van da man neste caso; xa que existe unha senda peatonal duns cinco quilómetros, e esta só se atopa a uns minutos da cidade, e por suposto, tamén se pode acceder a ela andando. Este paseo ten unha contorna absolutamente privilexiada paralela ao río, entre praderas e frondosas arboledas, acompañadas polo son do Miño e salpicado este camiño polas diferentes termas e fontes termais. Partindo das proximidades da moderna Ponte do Milenio, chegaremos ao…

Ver+

Ruta e visita a Ponte Caldelas (Pontevedra)

¬VER MAPA EN GRANDE Saíndo de Pontevedra, collendo a PO-532 O Concello de Ponte Caldelas recibiu o seu nome seguramente da antiga ponte sobre o río Verdugo e das súas augas termais sulfuroso-sódicas. A vila foi patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. Conta a tradición que a famosa raíña Lupa ou Loba que perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago foi natural desta vila ou residiu nela, o que se se puido constatar é que en 1.126 o rei Alfonso VII lle concedeu o título…

Ver+

Ruta Castelo de Soutomaior e O Castelo de Castrizan (“A Peneda”)

Click Aqui ¬Ligazón a Google Maps Partindo de Pontevedra cidade e moi próximo, atópase esta marabilla en perfecto estado: o Castelo de Soutomaior, terras do lendario Pedro Madruga. Igualmente estando na zona non podemos deixar de visitar a capela na Peneda onde antiguamente atopábase o Castelo de Castrizán Castelo de Soutomaior está situado nun lugar verdadeiramente privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí se divisa, a uns 119 metros sobre o nivel do mar, dominando o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata…

Ver+

Roteiro urbano por Ourense cidade

Roteiro urbano ou paseo por Ourense cidade, percorrendo os seus principais lugares emblemáticos. Partindo das famosas Burgas, encamiñarémosnos á Praza Maior. Desde o corazón de Ourense, camiñaremos polas súas rúas, prazas, Igrexas e, por suposto, a Catedral de Ourense. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR ROTEIRO

Ver+