Libro sobre Cruceiros de Combarro

Foto: Mateo Fontán Couto Presentouse o pasado mes de decembro no Casal de Ferreirós de Poio unha nova monografía sobre cruceiros, esta vez ocupándose dos do Conxunto Histórico Artístico de Combarro. O libro foi editado polo Concello de Poio coa autoría de Andrés Dacosta Paz. Trátase doutra ollada sobre o rico patrimonio cultural de Combarro, complementando anteriores publicacións, máis ou menos recentes, coma a Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro escrita por Rafael Vallejo e publicada pola Deputación de Pontevedra en 2017. Nas setenta e dúas páxinas da obra…

Ver+

Un ano sen Fran Cortegoso

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da pólvora) As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu poesía e con trinta e un anos morrería, moi cedo. Foi un cinco de outubro de 2016, data no que o seu libro de poemas titulado  Suicidas chegaba ás librerías, cando este mozo deixaba unha obra intensa e breve como o ronsel da…

Ver+

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca debería estar pelexado co coidado das identidades intrínsecas que definen a un determinado territorio, coma unha urbe. Cómpre coidar a memoria que conforman os barrios e diversos lugares, pois deles manan –xunto a estrita condición natural e xeográfica– o máis sintetizado do carácter dunha poboación. Conta a lenda que no…

Ver+

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Un lugar preto da cidade// Foto: fotografaspioneiras Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes natural e paisaxístico dos que podemos desfrutar. Unha marisma de terreo comunal encadrada nas parroquias de Lérez e Campañó, coñecida baixo o nome de Xunqueira da Gándara do Alba, do Vao ou de San Caetano. Dita marisma a podemos dividir en: marisma alta, marisma…

Ver+

Descubrindo A Filgueira

Filguiera Valverde nun debuxo de Antón Pulido Moito se leva falado dende a elección, por parte da Academia, de adicar o Día das Letras Galegas deste ano á figura do pontevedrés Xosé Filgueira Valverde. Moito se escribiu sobre as luces e as sombras dun personaxe extraordinario que xera polémica arredor da súa traxectoria vital, salvo nunha cousa onde todo o mundo parece estar de pleno acordo: a súa condición de sabio –a palabra máis empregada é a de polígrafo–, pola cal nada relacionado con Galicia le era alleo. Unha dedicación…

Ver+

A Maior Concentración De Ouro Prehistórico En Europa

Tesouro de Caldas I (Imaxe: / www.museo.depo.es ) Caldas de Reis é terra onde «nace» ouro, xa que dela proveñen dous tesouros –falando en termos arqueolóxicos teríamos que dicir depósitos– que hoxe en día podemos contemplar nas salas adicadas ás coleccións arqueolóxicas do Museo Provincial de Pontevedra. Son os tesouros de Caldas I e Caldas II; este último, formado por cincuenta e tres pequenas láminas de ouro enroscadas procedentes dunha diadema e un aplique cónico, encadrados na Idade do Bronce. Sen embargo, a «fama» maior pertence ao magnífico depósito de…

Ver+

Ahí ven o Maio…

Foto: Maios no Concurso de 2012 (Imaxe: Mateo F. C.) A festa dos maios posúe un forte vínculo cos pobos de tradición agraria, onde a natureza e os seus ciclos determinan en boa parte as condicións de vida, os pesares e as celebracións. Desde moi antigo o home prestou atención a cando a natureza rexurde, coa chegada do bo tempo e o estoupar das flores. Así, o ciclo do maio recorda o espertar da natureza, pero tamén alude ao sentimento do amor, aguilloado por estas datas, e á protección de…

Ver+

Profetas na súa Terra

Recentemente saíu a noticia de que as dúas imaxes pétreas dos profetas identificados como Elias e Enoc, procedentes da fachada occidental da Catedral de Santiago e que se conservan no Museo de Pontevedra, regresarán temporalmente a Compostela para integrarse no Espazo Divulgativo do Pórtico da Gloria. Parece pois un bo momento para falar algo destas “xoias” medievais que custodiamos na nosa cidade. Na súa orixe o Pórtico da Gloria era unha estancia aberta e non pechada cara o oeste como podemos observar na actualidade. As primeiras modificacións xorden a partires…

Ver+