XVI Trofeo Federación de Tiro con arco. Pontevedra

O campo de fútbol Raimundo Piñeiro de Lérez acollerá o vindeiro sábado 18 de maio o XVI Trofeo Federación-Xunta de Galicia de Tiro con arco, unha oportunidade única para ver, coñecer e gozar dun deporte minoritario que está abríndose camiño en Pontevedra. 28 arqueiros menores de 14 anos e 68 maiores desta idade competirán ao longo da xornada nas modalidades de arco recurvo (olímpico) e arco composto (con roldanas). A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou hoxe a cita deportiva convidando aos pontevedreses e pontevedresas a achegarse ate Lérez a…

Ver+

20 de maio Celebración do Día Mundial da Abella. Festival Internacional de Xardíns de Allariz

O vindeiro 20 de maio a Escola Galega de Apicultura celebrará  o Día da Abella no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, cunha actividade que terá lugar nos arredores da Casa dos Polinizadores, un gran “hotel” de insectos ubicado nos xardíns para ofrecer aloxamento a multitude de abellas e polinizadores de diferentes tipos. Alí ofreceranse obradoiros para escolares e público infantil, para que os nenos e nenas aprendan a importancia das abellas no medio ambiente e os múltiples beneficios que nos aportan. As  Nacións Unidas declararon o Día Mundial da…

Ver+

Celebración do Días das Letras Galegas cos escolares en Ourense

A Concellería de Educación do Concello de Ourense celebrou esta mañá o Día das Letras con escolares dos centros educativos na Praza de San Martiño coa representación do espectáculo homenaxe a Antón Fraguas “Os romeiros do caracol”,  de Fantoches Baj, e a entrega de premios do VII Certame de Microrrelato online. O certame, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego a través da capacidade creativa dos escolares, tivo este ano tivo por tema “As Mulleres en Galicia”, e contou coa participación de 35 traballos de 8 centros de…

Ver+

Actividades para festexar as Letras Galegas no Concello de Bueu

O Concello de Bueu (coa colaboración da Comisión de Festas Patronais de Cela, a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura e Turismo) organiza este xoves, 16 de maio, ás 21.30 h “Sons no Eirado”, co que se potenciará a cultura e tradición musical galega. O programa arrancará coa actuación de Blues do País, dúo formado por Bieitta James e Pepe King que unirán as raíces do blues e soul americano coa música galega. Ás 23 h será a quenda da banda Xangai, un grupo no que conflúen nomes…

Ver+

I Escola Sexolóxica de Verán: “Educación Sexual sen medo”. Allariz

O Concello de Allariz, a través do departamento de Igualdade e a colaboración do Instituto de Sexoloxía Incisex, organiza a  I Escola Sexolóxica de Verán en Allariz: “Educación Sexual sen medo”. A Escola, que terá lugar durante os días 17,18 e 19 de xullo, xorde da necesidade, segundo explica a técnica Ana Cardoso, “de debater e cuestionar a educación sexual en torno á adolescencia, como forma de aportar coñecemento que nos achegue a unha comprensión amable e a unha intervención o máis comprensiva posible, fuxindo de ideas antigas para aplicar en…

Ver+

Espectáculo ‘Raulidad virtual’, e gravación de ‘Malo será’, nesta semana no Auditorio de Ourense

O humor protagonizará esta semana a programación do Auditorio con dous espectáculos que lle achegarán ao público ourensán o talento de intérpretes tan populares como Xose Antonio Touriñán ou Raúl Pérez. O xoves, o espazo municipal acollerá a gravación de “Malo será”, un programa de humor que se grava nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Consiste nunha sucesión de sketches sobre temas universais, con acenos ás distintas localidades e protagonizados por un elenco de actores e actrices de Galicia, que lidera Marta Doviro, coa compaña dunha banda de música…

Ver+

Correlingua: Mañá participarán 1.500 escolares de Pontevedra e comarca. Pontevedra

1.500 escolares de 18 centros de ensino de Pontevedra e comarca participan mañá xoves 16 de maio na Boa Vila na final do Correlingua-2019. Será a última das doce etapas nas que se dividiu este ano. Os 1.500 alumnos e alumnas, con idades que van dos 3 aos 17 anos, son dos seguintes centros: CEIP Manuel Vidal Portela, CEE Pontevedra, CEIP Praza de Barcelos, CPR Sagrado Corazón de Placeres, CPI de Pontecesures, CPI Julia Becerra Malvar, IES de Ponte Caldelas, CPI do Toural, CEIP A Xunqueira 2, IES Frei Martín…

Ver+

Reunión de centros educativos co nome de Curros Enríquez en Celanova

Celanova acolle este mércores, 15 de maio, unha nova Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que está organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colabora o Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal. Participarán 150 escolares de 5º e 6º de primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Ourense e e CEIP Curros Enríquez de Celanova. Mañá (10:00-14:00): Coñecemento dos autores…

Ver+